20 de abr. de 2017

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA DENUNCIA Á DEGRADACIÓN DO ENTORNO DO CENTRO CULTURAL

Celso R. Fariñas: “Dende CONVERXENCIA GALEGA vimos a reclamar unha intervención urxente e inmediata por parte do Concello, a fin de adecentar este espazo que é fiel reflexo da deixadez e abandono ao que está condeado o noso pobo”


Así se atopa o Monumento a Manuel Díaz González “Ligero”

Infogauda / A Guarda

 Adxunto unha reportaxe fotográfica, Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega, ven de facer pública súa valoración sobor do estado no que se atopa o entorno do Centro Cultural, en plena centro da vila de A Guarda, e faino do seguinte xeito:

DESTROZOS NO CENTRO CULTURAL
  

Un banco de pedra co respaldo esnaquizado

O pasado 14 de abril, recibimos distintas imáxenes das condicións en que se atopaban as instalacións do Centro Cultural, donde a degradación dese lugar se reflexa e aumenta dando vergonza escoitar os comentarios das persoas que nos visitan e acuden a ese lugar por diversos motivos, sociais, culturais ou de xogo “infantil”, a desfeita é integral.

Os xardíns de Manuel Díaz González “Ligero” adoecen de calquer ornato que poida facer referencias a idea orixinal, e o mantemento e limpeza deste espazo fai tempo que foi abandoado polas nosas autoridades municipais.


Deficiencias no equipamento de alumeado público

O alumeado, fai tempo que si prende unha, hai tres non fundidas senon “desaparecidas” e sin ser repostas dende tempo inmemorial, cableado cortado e pendurado por calquer lado, a carencia de tapas de seguridade se convirten en trampas perigosas para quen se atreve a pasear polo lugar, bancos rotos que xa non importan e amosan as nosas miserias, e pola outra banda, os arredores do busto de “Ligero” non só xa non recorda cando foi lavado a última vez, senon que o sistema de bombeo,…¿Quén sabe del…? Xa poucos do lugar teñen memoria de ollalo funcionando.

As pintadas no inmoble dan unha penosa imaxe 

As pintadas no edificio e manchas de todo tipo, son a tarxeta de visita das persoas que nos visitan en vacacións, pero tamén para todos aqueles que asisten a estas instalación para acudir a actos culturais, informativos ou as vodas que alí se celebran.

Dende CONVERXENCIA GALEGA vimos a reclamar unha intervención urxente e inmediata por parte do Concello, a fin de adecentar este espazo que é fiel reflexo da deixadez e abandono ao que está condeado o noso pobo. 

A Guarda, a 19  de abril  do 2.017 



Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA                                                                                                                   



Ningún comentario:

Publicar un comentario