17 de abr. de 2017

A GUARDA

Aberto o prazo de presentación das solicitudes para os campamentos de verán 2017 da Xunta de Galicia   

OMIX A Guarda

 A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2017.  

 Servizos ofertados 

 1. A participación na oferta da Campaña de verán 2017 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás). 

 As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:   

 a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a. 
 b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil. 
 c) Manutención en réxime de pensión completa. 
 d) O material necesario para a actividade. 
 e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades. 
 f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.  

 Idades: poderán participar os mozos e mozas que teñan entre 9 e 17 anos. 

 -Os/as nacidos/as no ano 1999 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento. 

 -Os/as nacidos/as no ano 2008 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento. 

 Ningún/ningunha participante poderá ser admitido/a en máis dun campamento por ano. 
A adxudicación das prazas será por sorteo.   

 Prezo: O prezo rolda entre os 113€ - 232€ na nosa comunidade e noutras comunidades autónomas ata 293€. Os membros de familia que teñan o título de numerosa terán un desconto do 50%. 

 As persoas usuarias do Carné xove gozarán dun desconto do 25%.  

 O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 2 de maio pero na OMIX terán que entregarse antes desa data.  

Máis información premendo eiquí  ou na OMIX da Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario