20 de abr. de 2017

A GUARDA

O BNG insta á Xunta e ao Concello á solucionar os problemas xabarín na Guarda  

Ángel Luis Baz Vicente (voceiro municipal do BNG no Concello de A Guarda): “O BNG presentou iniciativas no concello da Guarda e no Parlamento galego na procura dunha solución definitiva  

Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG, no concello de A Guarda


Infogauda / A Guarda

 O Bloque Nacionalista Galego segue a denunciar a presenza do xabarín en zonas habitadas no concello da Guarda.  

 Segundo afirman desde o BNG,  “o pasado martes 18 de abril, varias persoas atoparon xabarín na zona da Sangriña, dentro da contorna dunha zona escolar.  

 Dende o BNG vese con preocupación a falta de interese que está amosando a Xunta de Galiza no control desta especie no concello da Guarda.  

 O BNG ten realizado unha campaña para que se tomen medidas serias sobre o control do xabarín na Guarda.  

 “A Xunta do PP e o Goberno municipal do PSOE teñen que tomarse este tema en serio, falamos de animais salvaxes en zonas escolares, habitadas ou de cultivos. Esperemos non ter que lamentar unha desgraza”, comentou Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG, no concello de A Guarda.  

 Ángel Luis Baz relembra finalmente: O BNG presentou unha moción no concello aprobada por unanimidade na que insta ao Goberno galego do PP á busca dunha solución definitiva. O BNG, tamén, presentou unha iniciativa no Parlamento galego no mesmo sentido pola deputada nacionalista Montse Prado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario