17 de mar. de 2017

A GUARDA

ALUMNOS DOS COLEXIOS DA GUARDA DISFRUTAN DO CINEMA INFANTIL NO CENTRO CULTURAL

A actividade “Cinema nos coles” repetirase no último trimestre co visionado do filme “Tiana y el sapo”

Durante esta semana diferentes colexios da Guarda pasaron polo Centro Cultural para disfrutar do cinema infantil na pantalla grande.
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Durante esta semana diferentes colexios da Guarda pasaron polo Centro Cultural para disfrutar do cinema infantil na pantalla grande. A actividade, que se enmarca dentro das actividades de colaboración  entre os centros escolares e a Concellería de Cultura da Guarda, busca achegar actividades lúdicas no tempo escolar, neste caso a traveś do cinema.  


 Os centros que se sumaron nesta ocasión foron CEIP A Sangriña, CEIP Manuel Rodríguez Sinde, o colexio PP. Somascos e o CEIP As Solanas, aínda que estes últimos non puideron disfrutar da actividade a causa de imprevistos técnicos, polo que visionarán a película durante a vindeira semana no propio centro.  

 A actividade “Cinema nos coles” repetirase no último trimestre co visionado do filme “Tiana y el sapo”

Ningún comentario: