22 de feb. de 2017

REDONDELA

A Xunta de Galicia trata coa Asociación de Empresarios de Redondela a promoción do Camiño Portugués pola costa e do comercio local 

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo hoxe unha reunión coa xunta directiva do colectivo empresarial

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo hoxe unha reunión coa xunta directiva do colectivo empresarial

Infogauda / Redondela

 O delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá a Vila dos Viadutos para manter un encontro de traballo coa xunta directiva da Asociación de Empresarios de Redondela. Na reunión tamén estivo presente a tenente de alcalde do concello, María del Carmen Amoedo.
 O presidente e vicepresidente do colectivo, Enrique Lago e José Manuel Barbosa, respectivamente, trasladáronlle ao delegado diferentes asuntos de relevancia para o municipio en ámbitos tan diversos coma as infraestruturas, medio ambiente, emprego, comercio e turismo. No que respecta a estes últimos dous puntos, se fixo fincapé na sinalización e promoción do Camiño Portugués pola Costa e do comercio local coa potenciación e fomento do Centro Comercial Aberto de Redondela e doutros eixes comercias do municipio.
 López-Chaves escoitou todas as súas consideracións e comunicoulles que a Xunta de Galicia comezará a instalar nas vindeiras semanas as placas e marcos que sinalizarán a Ruta Xacobea do Camiño Portugués pola Costa. Mentres, no que respecta aos temas comerciais, o delegado lembrou a existencia de diversas ordes de axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria que, tanto concellos coma centros comerciais abertos, poden solicitar para promoción e dinamización das zonas comerciais locais así coma para mercados ou prazas de abastos.
 No transcurso do encontro, o delegado tamén puido coñecer máis polo miúdo a labor que este colectivo leva a cabo día tras día a prol do fomento empresarial, industrial, comercial, turístico e da hostalería de Redondela a través das diversas campañas e promocións que desenrolan nas diferentes épocas do ano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario