27 de xan. de 2017

SALVATERRA DE MIÑO

O DOG anuncia hoxe a licitación das obras de saneamento dos núcleos das Ermitas, O Couto e Leirado, en Salvaterra de Miño 

O importe de licitación ascende aos 362.996 euros e os traballos previstos suporán unha mellora da calidade de vida destas zonas  

A obra está cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER)

Infogauda / Salvaterra de Miño

 O Diario Oficial de Galicia (DOG) anuncia hoxe a licitación das obras de saneamento dos lugares das Ermitas, O Couto e Leirado, en Salvaterra de Miño, por valor de 362.996 euros. A obra consistirá na dotación dunha nova rede de saneamento, que permitirá eliminar os puntos de vertedura e garantir, así, a calidade das augas dos ríos da contorna.
 Esta iniciativa inscríbese na aposta do Goberno galego pola máxima colaboración cos concellos para a posta en marcha infraestruturas e servizos que melloren a calidade de vida dos cidadáns e cidadás.
 As obras están cofinanciadas por parte do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) e enmárcase nun convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Salvaterra de Miño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario