18 de set. de 2016

EDUCACIÓN

A Xunta concede axudas a asociacións de pais e nais de alumnos de centros de educación especial 

A Consellería de Cultura e Educación destinou a este concepto 73.674 euros  

O obxectivo é contribuír ao desenvolvemento das actividades e a gastos de xestión, material e mantemento das instalacións das confederacións, federacións e ANPAs de centros de educación especial 

Infogauda / Santiago de Compostela

 O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a orde pola que se conceden axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2016. Un total de 34 entidades beneficiáronse desta convocatoria, á que se destina un orzamento de 73.674 euros.
Esta iniciativa ten por obxecto reforzar o compromiso da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coa atención á diversidade, nun sistema educativo, o galego, que é segundo os últimos indicadores o máis inclusivo de todo o Estado español.
 Segundo pode consultarse na orde (http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160915/AnuncioG0164-080916-0001_gl.html ), os importes das axudas oscilan entre os 910 e os 9.831 euros, e van destinadas á realización de actividades como a sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento ordinario das instalacións.
 Por provincias, as entidades beneficiadas na da Coruña son CONFAPA (Confederación Galega de APAS de Centros Públicos. A Coruña), CONGAPA (Confederación Galega de APAS. A Coruña), Confederación ANPAS galegas (Santiago de Compostela), Federación provincial de APAS de centros públicos (A Coruña), FAPA Federación provincial de ANPAS privados (A Coruña), Federación Centros Públicos A Costa da Morte (A Laracha), FAPA Federación comarcal Concepción Arenal (Ferrol), Federación centros públicos Compostela, FECAPA (Federación Central de APAS. Santiago de Compostela), APACE ASPANAES Castro Elviña (A Coruña), APA CEE Ntra. Sra. del Rosario (A Coruña), ANPA CEE María Mariño (A Coruña), APA CEE Terra de Ferrol (Ferrol), ANPA CEE Amicos (Ribeira), ANPA Móvete CEE Manuel López Navalón (Santiago de Compostela), e ANPA A Barcia (Santiago de Compostela).

 Na provincia de Lugo reciben axuda FAPACEL (Federación Provincial de APAS de centros públicos de Lugo) e FAPALUGO (Federación APAS provincial Lugo); mentres que na de Ourense terana a Federación provinciañ de APAS de centros públicos As Burgas (Ourense), a ANPA CEE Ilustre Mestre (Ourense) e a ANPA CEE O Pino (Ourense).
 No caso da provincia de Pontevedra as entidades beneficiadas son Federación Estradense FESANPAS (A Estrada), Federación Olívica Foanpas de Vigo, Federación APAS do Suroeste SURGAPA (Vigo), ANPA CEE Joaquina Sobrino (A Guarda), APA La Ilusión del Valle Miñor CEE Juan María (Nigrán), APA CEE Santísimo Cristo del Amor - ACEESCA (O Porriño), APA CEE Juan XIII (Pontevedra), APA CEE Menela (Vigo), APA CEE Saladino Cortizo (Vigo), APA CEE San Rafael (Vigo), APA CEE (Vilagarcía de Arousa) e APA CEE Os Mecos (Vilagarcía de Arousa).

GALICIA

Representantes do Goberno de Cuba visitan Galicia para avanzar en vías de colaboración relacionadas co mar, a sanidade e o naval 

Os conselleiros de Economía, Emprego e Industria, de Sanidade e de Mar mantiveron diferentes encontros con esta delegación

Coñeceron as instalacións de distintos centros como o Instituto Galego de Formación en Acuicultura, o Instituto Tecnolóxico para o control do Medio Mariño, o Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar e o o Instituto Galego de Promoción Económica  

Ademais visitaron o porto de Vigo, Anfaco, Conxemar, mantiveron un encontro con representantes da Asociación de Armadores de Vigo e coñeceron as instalacións de Estaleiros Armón e do Cluster do Naval de Galicia (Aclunaga) 

A delegación cubana mantivo unha xuntanza coa conselleira do Mar, Rosa Quintana

Infogauda / Vigo

 Unha delegación do goberno de Cuba visitou esta semana Galicia para coñecer aspectos da nosa comunidade en materia de pesca, sanidade e o naval co obxectivo de avanzar en vías de colaboración. Esta delegación composta por membros do Centro de Investigaciones Pesqueras, do Grupo de Traballo Estatal Bahía Habana e do Grupo Empresarial do Transporte Marítimo Portuario mantiveron o martes diferentes encontros coa conselleira do Mar, Rosa Quintana; co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez.
 A conselleira do Mar, Rosa Quintana, explicoulles o funcionamento e estrutura orgánica da Consellería do Mar, así como as competencias da administración pesqueira de Galicia. Ademais neste campo o martes visitaron e coñeceron as instalacións e funcionamento do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) e do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar), onde coñeceron o importante labor deste centro para garantir aos consumidores a calidade dos produtos pesqueiros das augas de Galicia.
 O mércores, acompañados polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, coñeceron as instalacións do porto de Vigo e asistiron á poxa de peixe na lonxa. Ademais mantiveron un encontro con representantes da Asociación de Armadores de Vigo (ARVI) e visitaron a Asociación Nacional de Produtos Conxelados Conxemar. A maiores, o xoves coñeceron as instalacións do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar e visitaron a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas e Peixes, Anfaco.

Esta delegación cubana tamén se reuniu co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde

 Esta delegación cubana tamén se reuniu co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, quen agradeceu a visita a Galicia e salientou que esta permite consolidar o traballo realizado durante a viaxe á illa encabezada polo presidente da Xunta o pasado mes de maio e na que participou o propio conselleiro. Fixo fincapé Conde en que as distintas reunións mantiveron os mandatarios cubanos permitirán avanzar nas vías de colaboración abertas en sectores como o pesqueiro, o conserveiro ou o naval, no marco da apertura económica que está iniciando o país. Neste eido, a delegación visitou o martes o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e o mércores coñeceron as instalacións de Estaleiros Armón, en Vigo, e do Cluster do Naval de Galicia (Aclunaga).

Na xuntanza co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, tocáronse temas de formación e de equipos no eido da Saúde Pública

 Por outra banda, na xuntanza co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, tocáronse temas de formación e de equipos no eido da Saúde Pública. Na xuntanza, na que estiveron presentes tamén o xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, o director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, e o director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares, a delegación cubana concretou a súa necesidade de formación de persoal de laboratorio no que respecta a análise de determinadas técnicas, e de control de determinados parámetros relacionados cos alimentos da pesca. Neste eido, se abordou a posibilidade de asinar un convenio de colaboración para avanzar nestas cuestións.
 A delegación cubana estivo composta polo director do Centro de Investigaciones Pesqueras, Gustavo Arencibia; pola subdirectora deste organismo, Raquel Silveira; polo presidente do Grupo de Trabajo Estatal Bahía Habana, Santiago Reyes, polo director de Gestión de Proyectos y Colaboración deste grupo, Yosvany Armando Simón, e polo director adxunto do Grupo Empresarial de Transporte Marítimo Portuario, Luis Baró.
 Ás reunións cos conselleiros tamén asistiu o cónsul de Cuba en Santiago de Compostela, José Antonio Solana, e nas visitas os membros da delegación estiveron acompañados polo presidente da Fundación Philippe Cousteau, Gabriel Portal e o seu secretario xeral, Rafael Lobeto. 

SAÚDE

A Xunta de Galicia apoia os afectados polo alzhéimer nunha andaina conmemorativa do día mundial desta enfermidade 

O evento estivo organizado pola Federación Alzhéimer Galicia e o camiño culminou coa inauguración do Espazo da memoria no parque de Bonaval

O conselleiro de Política Social explicou que “como administración responsable, temos a obriga de estar convosco non só conmemorado esta xornada mundial, senón tamén o resto dos 364 días do ano"  

O conselleiro de Sanidade destacou o traballo realizado dende hai anos no ámbito do envellecemento activo, ofrecendo “solucións no ámbito da atención non presencial, a integración de coidados, ou a promoción da saúde”

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, acudiron hoxe á saída da andaina organizada pola Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL)

Infogauda / Santiago de Compostela

 O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, acudiron hoxe á saída da andaina organizada pola Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL) co gallo da celebración, o vindeiro día 21 de setembro, do día mundial desta doenza.
Nesta actividade ao aire libre no que se reuniron persoas afectadas polo Alzheimer, familiares, coidadores e colaboradores, o conselleiro reiterou o compromiso do Goberno galego de seguir apostando pola sensibilización, prevención e formación fronte o alzhéimer; e recoñeceu o traballo diario que neste campo leva a cabo FAGAL, que “presta un apoio fundamental tanto aos doentes como aos seus familiares”. Así mesmo, recalcou que a Consellería de Política Social ten como prioridade “mellorar o benestar dos galegos e galegas, aumentando a esperanza de vida plenamente autónoma e traballando na mellora das condicións das persoas que se atopan xa nunha situación de dependencia”.
 Tamén destacou a importancia da celebración deste tipo de efemérides, como o Día mundial do alzhéimer, para a visibilización da doenza así como para concienciar e sensibilizar ao conxunto da poboación. “Como administración responsable, temos a obriga de estar convosco non só conmemorado esta xornada mundial, senón tamén o resto dos 364 días do ano”, explicou Rey Varela. “Por iso, xuntamos forzas cada día con administracións públicas e entidades, para mellorar non só a calidade de vida dos doentes, senón tamén daqueles que os atenden e coidan cada día”, engadiu o conselleiro ao tempo que agradecía o esforzo de todos os afectados directa ou indirectamente pola enfermidade. “Sodes unha peza fundamental”, asegurou.
 O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, sinalou que en Galicia, cada ano detéctanse aproximadamente uns 5.000 novos casos de alzhéimer e segundo a Sociedade Galega de Neuroloxía, existirían na nosa Comunidade entre 55.000 y 75.000 persoas con demencia, globalmente, das cales se estima que en torno a 30.000 estarían afectadas por esta enfermidade. Jesús Vázquez remarcou que “nunha sociedade deslumbrada pola tecnoloxía, debemos centrar os nosos coidados nos pacientes nos seus familiares, nas persoas”.
 Neste senso, o conselleiro de Sanidade destacou o traballo que dende o seu departamento se ven facendo dende hai anos no ámbito do envellecemento activo, ofrecendo “solucións no ámbito da atención non presencial, a integración de coidados ou a promoción da saúde na poboación anciá e con patoloxía crónica”. Jesús Vázquez remarcou que “nunha sociedade deslumbrada pola tecnoloxía, debemos centrar os nosos coidados nos pacientes nos seus familiares, nas persoas”.
 Jesús Vázquez tamén destacou que se realiza unha “colaboración intensa co movemento asociativo, así como a desenvolver labores de información, orientación e atención interdisciplinar dos pacientes e a familia, e a cooperar na formación continuada dos profesionais e colaboradores das asociacións, así como nas actividades de sensibilización social, como esta”. Tamén se incluíu aos pacientes de alzhéimer na tarxeta AA, “acompañamento e accesibilidade”, que implica prioridade no acceso aos servizos sanitarios, e permite que os pacientes estean acompañados por un familiar durante os procesos de atención sanitaria.
 O camiño culminou coa inauguración do Espazo da memoria, no parque de Bonaval. Alí, os e as participantes procederon á plantación dunha árbore e á introdución dunha cápsula do tempo dentro da pedra que contén a placa conmemorativa desta xornada. Este emprazamento serve dende hoxe como homenaxe e recordo a todas as persoas afectadas en Galicia por esta doenza no pasado, no presente e no futuro.

Federación Alzhéimer Galicia


 FAGAL é unha entidade sen ánimo de lucro que nace no ano 1998 froito da unión de varias asociacións de familiares de enfermos de alzhéimer.

 Na actualidade, está composta polas 13 asociacións que existen en Galicia que suman máis de 5.000 familias e prestan múltiples servizos a través de máis de 175 profesionais do sector socio-sanitario.
 A entidade desenvolve os seus propios programas baseados principalmente na divulgación e formación de familiares de enfermos con algunha demencia. Ademais, dá cobertura e coordina algúns dos programas que se levan a cabo nas asociacións federadas

PONTEVEDRA

Carmela Silva resalta o traballo das bolseiras chinesas que participaron en Turismo Rías Baixas por "servir de ponte cultural e de formación" 

Flor e Beatriz permaneceron 21 días en Turismo Rías Baixas traducindo material ao chinés e achegando formación sobre como mellorar a atención ao público do xigante asiático Bolseiras Turismo Rías Baixas 

Foto: D. P.

Infogauda / Pontevedra

 A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, resaltou onte "o pracer que supuxo ter colaborado co Plan China da Escola de Negocios Afundación". Ao abeiro deste plan, Turismo Rías Baixas recibiu a dúas bolseiras chinesas, Flor e Beatriz, que fixeron prácticas como bolseiras durante 21 días a través dun plan de traballo e de asesoramento personalizados ao considerar que a apertura ao mercado chinés, a promoción e comercialización no "xigante asiático", é unha das necesidades do destino Rías Baixas. 

 Carmela Silva gravou esta mañá un vídeo no que puxo en valor esta primeira colaboración co Diploma Avanzado en Relacións Internacionais DARI-BISU da Escola de Negocios Afundación, no que está a participar alumnado procedente dun mercado emerxente como é o de China e cuxa clausura terá lugar en Pontevedra o vindeiro día 30 de setembro. A presidenta asegurou que "Turismo Rías Baixas sempre ten as súas portas abertas a todos aqueles e aquelas que desexen realizar prácticas nunha entidade de promoción dun destino turístico e experimentar de primeira man o traballo diario dun ente destas características". O vídeo será difundido por Afundación a través das súas redes sociais e o proxectará nas presentacións que fará deste programa formativo.  

 A presidenta lembrou que estas prácticas non soamente resultan beneficiosas en termos de previsións turísticas e impacto económico que levan consigo, senón que ademais "poñen en relevancia a importancia da multiculturalidade da provincia de Pontevedra" e tamén da "interculturalidade, xa que nos atopamos nunha sociedade global que malia respectar as súas tradicións e peculiaridades, tense que nutrir de todo o que nos poidan achegar dende outros pobos para así converter Pontevedra na provincia moderna e respectuosa coa pluralidade que esta institución provincial desexa amosar como un dos seus puntos máis fortes". 

 Durante o plan de traballo desenvolvido para as dúas bolseiras (que elas mesmas puideron modificar para se axustar ás súas necesidades formativas), estas fixeron unha importante labor de tradución ao idioma chinés do material promocional que elas consideraron de maior repercusión no mercado chinés. Os escollidos foron o Castelo de Soutomaior, o Mosteiro de Armenteira, os rueiros de Pontevedra de Vigo e os temas relacionados coa gastronomía. Tamén traduciron ao seu idioma experiencias dispoñibles na páxina web como "Actívate en Rías Baixas", "O cocido de Lalín", "Mergúllate nos bosques de interior" ou "As praias de Rías Baixas", entre outras.  

 Ademais, Flor e Beatriz deixaron material moi interesante enfocado ao márketing, comunicación, publicidade e comercialización baseado no mercado chinés, así como unha guía para mellorar a atención ao público do país asiático atendendo a aspectos como a maneira de tratar aos e ás turistas cando chegan a unha oficina de Turismo Rías Baixas, cando envían un correo electrónico preguntando polo destino ou como tratar nunha reunión de presentación do destino aos e ás tour-operadoras, axentes de viaxe, xornalistas, aos medios de comunicación e aos e ás influencers.  

 Ademais do seu traballo, as dúas bolseiras puideron gozar dunha visita ao Pazo de Rubiáns para coñecer o produto dos seus xardíns, as súas camelias e bodegas… Ademais de tamén gozar dunha visita guiada pola cidade histórica de Pontevedra a cargo de guías profesionais.

SAÚDE

21 de septiembre Día Mundial del Alzheimer 

LAS FARMACIAS DE PONTEVEDRA ASESORAN A FAMILIARES Y CUIDADORES DE PERSONAS CON ALZHEIMER 

 Con motivo de la conmemoración del Día Mundial del Alzheimer, el Colegio de Farmacéuticos de Pontevedra se suma a la campaña “Marcando el paso al Alzheimer” de la Federación Alzheimer Galicia (FAGAL) 

 El objetivo de esta campaña es informar y prestar asesoramiento tanto a la población como a familiares y cuidadores de personas que sufren Alzheimer 



Informa: Colegio de Farmacéuticos de Pontevedra


  El miércoles día 21 de septiembre se celebra el Día Mundial del Alzheimer, motivo por el cual el Colegio de Farmacéuticos de Pontevedra se ha sumado a la campaña “Marcando el paso al Alzheimer” que organiza la Federación Alzheimer Galicia (FAGAL) y las asociaciones que la componen. 

 La campaña, que se desarrollará en las farmacias de la provincia de Pontevedra del 19 al 25 de septiembre, forma parte del ciclo de Campañas Sanitarias “Tu Farmacia te ayuda”, que el Colegio de Farmacéuticos de Pontevedra organiza con motivo de la celebración de los días mundiales relacionados con la salud. 

 El objetivo de esta campaña es informar y prestar asesoramiento tanto a la población como a los familiares y cuidadores de personas que sufren Alzheimer. 

 A lo largo de la campaña, en las farmacias de Pontevedra los farmacéuticos realizarán a los cuidadores que lo deseen un sencillo test para medir su nivel de estrés y les ofrecerán consejos para mejorar su calidad de vida. 

 “El gran esfuerzo físico y emocional que requiere el cuidado de las personas con Alzheimer hace que la vida del cuidador, que con frecuencia es un familiar del paciente, pueda verse modificada con consecuencias en su salud, su estado de ánimo y sus relaciones personales y laborales y, con esta campaña, los farmacéuticos queremos contribuir a mejorar su calidad de vida” ha señalado Alba Soutelo, presidenta del Colegio de Farmacéuticos de Pontevedra. 

 “Las asociaciones de Alzheimer realizan una labor fundamental de apoyo a los cuidadores y, por ello, el Colegio de Farmacéuticos de Pontevedra se suma a la labor que realizan AFAGA y AFAPO en nuestra provincia”, subraya la presidenta. 

 En el marco de la campaña “Marcando el paso al Alzheimer” tendrá lugar el martes 20 de septiembre a las 20:30 la charla abierta al público “El cuidador ¿Qué podemos hacer por él?”, que se celebrará en la sede de Vigo, Avda. Camelias nº 78-1º, y que se emitirá por videoconferencia en la sede del colegio en Pontevedra, calle Echegaray nº 10. 

 Por su parte, AFAGA tiene prevista la celebración el jueves 22 de septiembre a las 19.30 h de una conferencia que lleva por título “Alzheimer y estilo de vida ¿Se puede prevenir la enfermedad?”, que se impartirá en el Auditorio Municipal del Arenal (Antiguo rectorado) en la Rúa Areal, 46 en Vigo.

TOMIÑO

PONTÓN: “O BNG É DECISIVO PARA DERROTAR A UN FEIJÓO QUE DEIXA UNHA GALIZA QUE NON CHEGA A FIN DE MES” 

“Todas as enquisas coinciden en que os escanos que o BNG lle está disputando ao PP e a C´ds son a clave para abrir un tempo novo o 25-S” 

Derogar toda a normativa en contra do idioma será prioridade de goberno, “porque como me dicía unha nai, non queremos que as nosas fillas sexan as últimas mohicanas do galego”  

Luis Bará, Ana Pontón e Xosé Manuel Méndez

Infogauda / Tomiño 

 A candidata á Presidencia, Ana Pontón, expresou o seu convencemento de que os galegos e as galegas van aproveitar a oportunidade do 25.S para derrotar ás políticas de “recortes, recortes, recortes” que representaron estes oito anos de goberno da dereita, con resultados “moi dolorosos” para a maioría social deste país.  

 “Feijóo deixa unha Galiza que non chega a fin de mes, deixa a milleiros de persoas, a milleiros de familias que non poden chegar a fin de mes, deixa a 700.000 galegos e galegas en risco de exclusión social. Esa é a folla de servizos que pode presentar o candidato do PP, un país máis pobre e desigual”, denunciou no mitin central en Tomiño xunto co cabeza de lista por Pontevedra, Luís Bará.

Ana Pontón, no mitin nacional do BNG-Nós, en Tomiño

 Pontón fixo un chamamento á militancia e simpatizantes a aproveitar esta recta final de campaña para “seguir petando no corazón da xente” sen ter en conta máis enquisa que a que escribirán os e as electoras o 25S. “Cada vez máis xente mira para o BNG,  dinmo na rúa, vexo nas ducias de actos por todo o país, estamos facendo unha campaña na que vemos como medra o apoio, a simpatía e a ilusión arredor do BNG”, que pediu un esforzo final para seguir sumando apoios entre o colectivo de indecisos.  

 “No que coinciden todas é en que os escanos que estamos disputando co PP e con Ciudadanos son os que van permitir abrir un tempo novo a partir do 25S, e vexo cada día como medra o apoio ao BNG e iso é chave para que Feijóo e as políticas da dereita acaben sendo derrotados nas urnas”, alegou.   

 Non á única coincidencia entre PP e Cds porque tamén comparten a súa belixerancia contra o galego. “É triste que Núñez Feijóo se queira despedir da Presidencia da Xunta cun novo paso atrás, no que parece competir con Ciudadanos, en ver quen aplica a normativa máis antigalega”, afirmou a candidata.   

TVG2 infantil e xuvenil 

 Por contra, o BNG terá como prioridade de goberno suprimir toda a normativa do PP en contra do idioma que deber ser, dixo, a lingua vehicular no ensino, suprimindo calquera limitación á que as materias se impartan en galego. Como medidas para frear a caída de galegofalante, propón que a segunda canle da televisión pública estea dedicada a público infantil e xuvenil con programación en galego, “porque o futuro da lingua está nos nenos e nenas, fagamos posible que podan medrar en galego”.   

 “Como me dicía unha nai hoxe mesmo na Coruña, non queremos que as nosas fillas se convertan nas últimas mohicanas do galego”.  

       Ana Pontón facendo uso da palabra no mitin nacional do BNG-Nós en Tomiño

 Abrir un tempo novo, explicou Pontón, é apostar por unha Galiza “na que se poda vivir e traballar con dignidade, na que podamos garantir servizos públicos de calidade a xente deste país”. Para iso, reiterou, o Bloque reclama a xestión da totalidade dos impostos e do aforro do país, a través dunha facenda e dunha banca pública galegas.   

 “Temos que quitarlle a chave dos nosos cartos a Montoro e decidir por nós. Só así podemos  dicir non ao obxectivo de déficit e si a blindar os nosos servizos públicos, poñer o país a producir e xerar emprego, duplicar a I+D+i e preservar o benestar social”, concluiu Ana Pontón.

TOMIÑO

LUÍS BARÁ: “O RURAL É UN SECTOR ESTRATÉXICO PARA RECUPERAR A ECONOMÍA GALEGA: HAINO QUE POÑER A PRODUCIR” 

O candidato do BNG pola provincia de Pontevedrareivindicou o traballo da consellería liderada por Suárez Canal no bipartito con apostas como a creación do banco de terras  

“O BNG é unha aposta galega de calidade que ten demostrada a súa valía e saber facer nos gobernos nos que estivo”  



Ana Pontón e Luis Bará, con Xosé Represas, alcalde de Ponteareas, e representantes do BNG

Infogauda / Tomiño

 O candidato do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, asegurou este domingo día 18 de setembro en Tomiño, que o rural galego é un sector estratéxico na recuperación económica de Galiza e apostou por levar adiante políticas de desenvolvemento para aproveitar as súas potencialidades da man da innovación e da aposta pola diversificación na produción. Así mesmo, Bará reivindicou o traballo da Consellería de Medio Rural liderada por Suárez Canal, que durante o bipartito desenvolveu iniciativas como o banco de terras que a día de hoxe moitos produtores botan en falta. 

 O cabeza de lista destacou que durante os gobernos do Partido Popular produciuse un gran retroceso na situación do medio rural e do sector primario, ao tempo dun empeoramento das condicións económicas e de vida. “As consecuencias desas políticas traducíronse nunha peor situación dos veciños e veciñas que viven dese medio rural”, dixo, para engadir que hai que apoiar iniciativas que desenvolvan as capacidades produtivas do país fronte ás políticas centralizadoras. “O rural é un sector estratéxico para recuperar a economía galega: haino que poñer a producir porque é unha das nosas potencialidades”, asegurou. 

 “Temos o exemplo da planta ornamental do Baixo Miño, unha aposta pola diversificación do noso campo, que exporta a toda Europa, e precisa máis terras para poder ampliar a súa produción e competitividade. Botan en falta unha política como a de Suárez Canal para poder plantar máis, para poder ampliar a súa capacidade, e nós temos un exemplo de que as políticas que facemos cando estamos nos gobernos solventaban necesidades para poñer o país a producir”, asegurou. 

 Bará tamén salientou en Tomiño que o BNG é a garantía de que haberá un goberno alternativo ao de Feijóo despois do 25-S. “Os votos ao BNG garanten que o PP non terá maioría absoluta. Nós temos unha maneira de gobernar diferente que non só pemitirá un cambio nas caras do goberno, tamén nas súas políticas. Nós somos un produto 100% galego e a nosa razón de ser é a defensa dos intereses de Galiza. O noso traballo e o noso compromiso son para co país. Somos un produto galego de calidade”, salientou.  

 O cabeza de lista por Pontevedra aproveitou tamén para louvar á candidata do BNG á Xunta de Galiza, Ana Pontón, de quen dixo “ten valía, brillantez, capacidade e talento, ademais de facer as cousas por amor ao seu pobo”, por iso, subliñou, “estase a producir o ‘efecto Pontón’, ao que eu engadiría tamén o ‘efecto Pontón’ de ver a situación de Galiza con máis humanidade que o Goberno sen alma do PP”, destacou. 

 “Hai xente que lle quere a este país e a eses eu pediríalles o voto para o BNG, porque cada vez  estase a ver máis simpatía a Ana Pontón, máis simpatía ao BNG, porque estamos nun momento de auténtica remontada”, dixo. 

Ponteareas 

 Ademais de no mitin de Tomiño, Bará tamén estivo no día de hoxe en Ponteareas, onde se celebrou un acto político no que tamén estivo a candidata á Presidencia Ana Pontón. Na Praza Maior (actualmente foco de controversia pola peonalización aplicada pola Alcaldía), o candidato pola provincia de Pontevedra fixo unha encendida defensa do comercio local e da importancia de crear espazos de disfrute para os veciños e veciñas mediante medidas de peonalización. Asegurou que a pesares de reticencias iniciais moitos comerciantes recoñecen as bondades dos espazos peonís: “Así ocorreu en Pontevedra e en todos os sitios onde se aplican estas medidas. Os propios comerciantes acaban vendo os seus aspectos positivos e a súa repercusión económica positiva no negocio e pedindo máis espazos só para os peóns”, finalizou. 

Luis Bará no acto público do BNG - Nós, en Ponteareas 

 Durante o evento en Ponteareas un grupo de membros da formación nacionalista explicaron dez motivos básicos para votar BNG o vindeiro 25-S. Bará destacou a necesidade de apoiar o financiamento das empresas e os emprendedores, da creación dunha banca pública galega que garanta a xestión do aforro dos galegos e galegas e o crédito a familias e empresas. Pola súa banda, Pontón subliñou a aposta do BNG por impulsar un plan industrial que identifique e apoie sectores estratéxicos e combata a deslocalización das actividades auxiliares da industria galega, como a automoción ou o textil.

A GUARDA

FÚTBOL

EL C. D. BELUSO, DUEÑO Y SEÑOR EN A SANGRIÑA

Los jugadores de ambos equipos efectuando ejercicios de calentamiento. minutos antes del comienzo del encuentro
Foto: Sp. Guardés


Informa: José María Salcidos / A Guarda

 Partido disputado en el Campo Municipal de A Sangriña entre los equipos Sporting Guardés y C. D. Beluso, correspondiente a la 3ª jornada del Campeonato de 1ª División Autonómica, Grupo 5.   

 Entrada buena, con bastantes aficionados visitantes.    Temperatura veraniega (25º).   

SPORTING   GUARDÉS,  0   -   C. D. BELUSO,   4     

C. D. BELUSO: Buyo, Miguel Moledo, Jesús, Migui (José Ramón, min. 69), Rubén Moledo, Manu Reiriz, Richi (Dassi, min. 76), Faji, Adri (Seque, min. 83), Bombi (Rouco, min. 73) y Dani.   

SPORTING GUARDÉS: Germán, Adrián (Josiño, min. 46), Enmanuel (Sergio Pérez, min.59),  Isidro (Ita, m in. 45), Sergio, Sergio Aballe, Javi (Saúl, min. 46), Puertas, Jose ( Manu Aballe, min. 46), Iván y Santi.  

GOLES: 0 – 1, Adri, min. 25; 0 – 2, Richi, min. 34; 0 – 3, Richi, min. 58; 0 – 4, Adri, min. 62.   

ÁRBITRO: Antonio Domínguez González, de Vigo, auxiliado en las bandas por Félix Miniño Mosquera y José Miguel Merino Encinas. Buena labor,  amonestó, por el Beluso, a Migui y Bombi, y por el Sporting Guardés, el amonestado fue Sergio. 

 Partido sin historia en el que los visitantes fueron dueños y señores de la situación desde el pitido inicial hasta el final. 

CAMPOSANCOS

O I CICLO DE CINEMA "CAMPOSANCOS DE CINE", REMATOU CON UN ÉXITO TOTAL

Coa estrea das curtas "Camposancos no cinema", de Proxecto Socheo, e "Jeanette", de Xurxo Chirro, púxose broche de ouro 

Fotograma de "Jeanette"

Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos

 No último sábado deste verán de 2016, a Casa Cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos, acolleu á derradeira sesión do I Ciclo de Cinema "Camposancos de cine".

 Co aforo totalmente completo, o salón de actos fíxose pequeno para dar cabida o numeroso público que non quixo perderse a estrea da curtametraxe "Jeanette", dirixida por Xurxo Chirro, e protagonizada por un xoven actriz de Camposancos, e con un elenco actoral formado maioritariamente por xóvenes escolares do IES A Sangriña, de A Guarda.

 Previamente o comezo da sesión, Beli Martínez, de Proxecto Socheo, fixo un limiar a xeito de presentación de outra curta que leva por título "Camposancos no cinema", realizado por Proxecto Socheo, e no cal se reflicten fragmentos de películas de diversas épocas, ordenadas cronolóxicamente, nas cales Camposancos e seu entorno natural, de fermosísima beleza, están presentes. Abren esa curta recopilatoria imaxes da autoría de Joaquín García Portela "Costiña", fotógrafo e cineasta guardés, autor das primeiras imaxes en movimento de A Guarda, que se coñecen ata agora, feitas por un guardés, e culmina precisamente con unhas esceas do Piñeiral do Feno, correspondentes a "Jeanette", de Xurxo Chirro. Entre unhas e outras, o respectable público puido ollar imaxes en b/n e tamén en cor, de películas de autores como Carlos Velo, Ramón  Torrado, Fernando Bauluz e Pedro Carvajal, Jaime de Armiñan, Manuel Octavio Gómez, Manoel de Oliveira,..., entre outros destacados directores, así como imaxes do NO-DO, e tamén de outras películas que se atopan na Filmoteca Nacional. Dese xeito pudemos refrescar ás nosas lembranzas cinematográficas, ollando a actores como Marcelo Mastroniani, Concha Velasco, Victoria Abril, Paco Rabal, Sancho Gracia,...  

 Beli Martínez salientou o feito curioso de que fosen varios os directores que localizasen imaxes de Camposancos, prácticamente desde o mesmo lugar. A verdade é que desde os cumios do Monte Santa Trega, o espectáculo do Esteiro do río Miño, a súa foz e a inmensidade do Océano Atlántico, así como as panorámicas deica as outras parroquias guardesas e o Val do Rosal, e o veciño Portugal, son, sen ningunha dubida un agasallo divino.

 O remate da proxección de "Camposancos no cinema", Beli Martínez voltaría a intervir, para salientar a concentración de talento que hai na zoa, así como os recoñecementos que acadou a curta "Jeanette", con un premio concedido polo Ministerio de Cultura, e o premio á mellor curtametraxe no Festival de Cine Independente de Cosquín (FICIC), en Argentina, onde en maio deste ano, tivo lugar súa exitosa estrea mundial. 

 Beli Martínez, tamén dixo que  "Jeanette" tamén estará no XX Festival de Cinema Internacional de Ourense, que se celebrará na Vella Auria, do 14 ao 22 de novembro próximo, de tal xeito que no seu percorrido internacional e nacional, esta curta, está tendo moi boa acollida.

 "Jeanette" está protagonizada por unha xoven que se chama Jeanette Conde, e conta coa participación de Ángeles Rodríguez, Antía Álvarez, Mateo Álvarez, Carmen Rodríguez, Álvaro Cara e Pablo Cividanes.

 Ademais de Xurxo Chirro, a curta contou coas colabouras técnicas de Jorge Carrasco, Beli Martínez, Beatriz Lema e Gustavo González. 

 Logo de ollar a proxección de "Jeanette", podemos decir que a traverso dunha ducia de planos, Xurxo Chirro logra captar á expresividade dunha protagonista, que vive súa adolescencia entre os reproches de súa nai, que non a quer ollar inactiva, as preguntas persoais de algunhas mulleres maiores e tamén do seu entorno amical, que ela tenta resolver, tomando a iniciativa de remesarlle unha mensaxe de vídeo a un compañeiro do instituto. A partires de aí, o relato adequire un galopante ritmo narrativo que nas expresions faciais de Jeanette, nos remesa diferentes mensaxes que non nos deixa indiferentes.
 Rematada a proxección, Jeanette Conde - que cando acabe o Bacharelato quer estudar Arquitectura - deu lectura a un fermoso poema da súa autoría. 

 Logo houbo novas intervencions de Beli Martínez, quen explicou que por estar residindo en Canarias, Xurxo Chirro non puido estar presente neste evento. Deseguido cedeulle o turno da palabra a Carmen Rodríguez González, nai de Xurxo Chirro, quen dixo que para ela, que naceu na postguerra, colabourar nesta iniciativa, a carón de xente xoven, foi como rexuvenecer uns cantos anos. 

 Asemade, cada unha das persoas que forman parte do elenco actoral, dixo unhas verbas, coincidindo todas elas, que foi unha experiencia moi positiva, haber participado na rodaxe de "Jeanette".

 Coa entrega de uns agasallos a Beli Martínez, Carmen Rodríguez e Jeanette Conde, chegaría o intre en que José Fernando Martínez Martínez, en nome da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, fixese súa valoración deste I Ciclo de Cinema "Camposancos de cine", salientando que máis de 700 persoas participaron neste evento. Agradeceu ás colabouras do presidente da Entidade Local Menor de Camposancos e seus vogais, así como da Xunta Directiva da Asociación "Os Amigos", porque é mérito de todos haber logrado desenvolver exitosamente esta iniciativa. Tamén tivo verbas de agradecemento para os medios de comunicación, por haberlle dado a correspondente difusión.

 Desde Infogauda felicitamos a tódolas persoas que fixeron posible que Camposancos sexa realmente de cine. Que o é.