30 de dec. de 2016

PESCA

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, presidiu o acto de toma de posesión da nova directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica 

Mercedes Rodríguez aposta polo futuro da pesca e apela a seguir traballando para afrontar os retos máis inmediatos 

Entre os retos sinalou a saída de Reino Unido da Unión Europea, a premisa de descartes cero da Política Pesqueira Común e o regulamento europeo de medidas técnicas

A conselleira do Mar, Rosa Quintana - a dereita da imaxe -, presidiu hoxe o acto de toma de posesión da directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez Moreda.


Infogauda / Santiago de Compostela

 A conselleira do Mar, Rosa Quintana, presidiu hoxe o acto de toma de posesión da directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez Moreda. A nova directora xeral agradeceu á titular de Mar a súa confianza depositada nela para poñerse á fronte “deste novo reto” e amosou a súa satisfacción por “entrar nunha consellería que cre no futuro da pesca”.
 Rodríguez apelou a seguir traballando para afrontar “os retos máis inmediatos” para o mar de Galicia. Entre eles, sinalou a saída de Reino Unido da Unión Europea, a premisa de descartes cero da Política Pesqueira Común, que obriga a desembarcar en porto todo o que se captura, e o regulamento europeo de medidas técnicas.
 Neste sentido valorou o traballo que se veu facendo e que se fai dende a pesca de Galicia e dende a Consellería do Mar e amosou o seu optimismo e confianza para que os sectores do mar de Galicia saian adiante e incluso máis reforzados.
 Así engadiu que “a pesca é un sector que ten futuro en Galicia e que ten que seguir sendo motor da nosa comunidade autónoma”. En relación aos proxectos de futuro no eido da acuicultura, sinalou que o que se faga será sempre “estando ao lado do sector e contando co seu apoio e colaboración”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario