15 de dec. de 2016

GOIÁN

A Agrupación Musical de Goián celebra o Concerto de Nadal 

O domingo día 18 de decembro ás seis da tarde, no Auditorio de Goián     


Infogauda / Goián

 O vindeiro domingo día 18 de decembro, ás 18:00 horas, celebrarase no Auditorio de Goián o “Concerto de Nadal” que cada ano prepara a Agrupación Musical de Goián.  

 Neste concerto intervirá a gran maioría do alumnado da escola de música, dende os máis pequenos, de Xardín Musical, até os maiores,  pasando polo coro e as bandas de música nas súas tres categorías, dirixidas por Pedro Villarroel.  

 “Destacamos a colaboración do Concello de Tomiño e aproveitamos a ocasión para pedir a achega aos asistentes de 1Kg de alimentos para a colaboración solidaria con SOSTOMIÑO. Esperamos a xenerosidade de todos e agradecémosllo anticipadamente”, salientan dende a directiva da Agrupación Musical de Goián.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario