17 de dec. de 2016

DEPORTES

ABERTAS ÁS INSCRICIONS PARA Á SAN SILVESTRE GUARDESA


As carreiras terán lugar o día 24 de Decembro do 2016  no porto de A Guarda




Infogauda / A Guarda

 O club Sociedade Atlética do Trega ven de abrir o prazo das inscricions para a San Silvestre Guardesa 2016, que terá lugar o vindeiro día 24 de decembro, no porto guardés, con arranxo o seguinte Regulamento:

 1º - A Sociedade Atlética do Trega, coa colaboración do Concello da Guarda; organiza a San Silvestre Guardesa 2016, o día 24 de Decembro do 2016  no porto de A Guarda.

 2º A inscrición será 3 € para os participantes da proba absoluta (senior e veterán) e gratuita para o resto das categorías.
 3º  Os horarios aproximados de saída das carreiras populares será á seguinte:

CATEGORÍASDATA NACEMENTODISTANCIAHORA APROX.
Benxamíns mulleres e homes2008/2009800m10:30
Alevíns mulleres e homes2006/2007
Infantiles mulleres e homes2004/20051500 m10:40
Cadetes mulleres e homes2000/2001/2002/2003
Senior mulleres e homes1999 ata 34 anos10 km

10:50

Veteráns mulleres e homesDende o 35 anos cumplidos en adiante
Pulgas mulleres e homes2012 e adiante200m12:00
Prebenxamís  mulleres e homes2010/2011
Entrega de premios e sorteo

 4º - O prazo de inscricións péchase o xoves 22 de decembro as 00:00 horas. AGRADECEMOS QUE SE INSCRIBAN OS QUE REALMENTE VEÑAN A PARTICIPAR.

 5º O percorrido para a carreira de 10 km será:  será saída e chegada no Porto de A Guarda, Fernández Albor, Senda Litoral ata o Puntal, Praia O Muíño, Armona, volta por: Lagoas, O Puntal, Senda Litoral, Fernández Albor e Porto de A Guarda. Avituallamiento líquido  km 5 e solido e líquido en meta.

 Resto de categorías no Porto Guardés. Avituallamiento liquido en meta e pequeno agasallo a todos os participantes.

  6º Dado o carácter popular non se admiten reclamacións.

 7º  As inscricións, serán ilimitadas e realizaranse através deste portal ou no correo trega@trega.es Deberán contar: (Nome, Apelidos, DNI,nº Ficha so federados, Club, Data nacemento, teléfono). Tódolos atletas traerán 4 imperdibles.

 8º  Na carreira de 10 km haberá unha clasificación por categorías de ambos los dous sexos. No resto de carreiras haberá unha clasificación cos tres primeiros clasificados de cada categoría e sexo

 9º Os premios serán trofeos para os 3 pimeiros clasificados de todas as categorias

 11º Os participantes correrán cos gastos de desprazamento.

 13º  Todos os dorsais dos atletas serán entregados polo club organizador no momento da confirmación, que se realizará como mínimo media hora antes do comezo de cada carreira, debendo os atletas respectar, de habela, a publicidade impresa. Unha vez rematada a proba terán que ser entregados en  meta ou secretaría.

 14º  Os participantes nas carreiras deberán pasar por cámara de chamadas ata 15 minutos antes da hora de comezo das súas carreiras.

 15º  Tanto a organización como o seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasione a participación nesta carreira.


 16º  O feito de inscribirse neste pedestrismo  leva implícita a aceptación deste regulamento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario