29 de nov. de 2016

TUI

O TUI FIDALGO E O TUI ESCOLAR, NOVAS PROPOSTAS DAS VISITAS GUIADAS

As rutas parten sempre da Praza da Inmaculada e teñen unha duración aproximada dunha hora. Son guiadas polo historiador tudense Suso Vila

Blasón heráldico na fachada de un inmoble do casco antigo tudense
Foto: C. T.

Infogauda / Tui

 As visitas guiadas gratuítas organizadas polo Concello de Tui ofertarán percorridos especiais dende o sábado 3 ao domingo 11 de decembro con novas propostas que se suman as que se veñen realizando dende o mes de xuño. Entre as novidades están as rutas polo Tui Fidalgo, o Tui Escolar e a Igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns.  

 Segundo afirman desde o executivo municipal tudense "o obxectivo destas visitas guiadas é dar a coñecer ou redescubrir tanto polos tudenses coma por visitantes o patrimonio que atesoura o conxunto histórico de Tui. As rutas parten sempre da Praza da Inmaculada e teñen unha duración aproximada dunha hora. Son guiadas polo historiador tudense Suso Vila".  

 A ruta polo Tui Escolar propón un percorrido polos edificios orixinais de escolas de primaria e de secundaria que conserva a cidade dende  século XVI, de cando data o Colexio dos nenos da doutrina ubicado na rúa San Telmo, ata os colexios de primaria que había no século XIX coma os situados na rúa Sanz no edificio da parroquia e no inmoble que hoxe ocupa o Espazo Xove, ata o século XX coma o parvulario da praza da Misericordia ou o situado na Praza do Concello. As visitas ao Tui Escolar serán o sábado 3 e o sábado 10 ás 19h.  

 Outra das novidades será a ruta polo Tui Fildalgo, cun percorrido polos edificios do século XVI e XVII que representan a nova tipoloxía de vivenda xurdida a raíz do cambio social que houbo na cidade. Visitaranse casas blasonadas e darase conta tamén do contexto histórico dunha cidade en recuperación cun comercio internacional moi importante.  

 Tamén coma novidade figuran as visitas á igrexa románica de San Bartolomeu de Rebordáns, dos século XI e XII que se realizarán o luns 5, mércores 7 e venres 9 ás 12h. 

 Mantéñense os percorridos polos Tui Xudeu que se realizarán o domingo 4 e o domingo 11 ás 13h, e ao Tui Medieval o martes 6 e o xoves 8 ás 19h; e á igrexa de San Domingos cos retablos barrocos o domingo 4 e o domingo 11 ás 19h.  

Calendario de visitas guiadas gratuítas do 3 ao 11 de decembro 

-      ·   Sábado 3 ás 19h Tui Escolar

-          Domingo 4
·   Ás 13h Tui Xudeu
·   Ás 19h San Domingos

-          Luns 5
·   ÁS 12h San Bartolomeu
·   ÁS 18h Tui Fidalgo

-          Martes 6 ás 19h Tui medieval

-          Mércores 7
·   Ás 12h San Bartolomeu
·   Ás 18h Tui Fidalgo

-      ·   Xoves 8 ás 19h Tui medieval

-          Venres 9
·   Ás 12h San Bartolomeu
·   Ás 18h Tui Fidalgo

-      ·   Sábado 10 ás 19h Tui Escolar

-          Domingo 11
·   ÁS 13h Tui Xudeu
·   Ás 19h San Domingos

Ningún comentario:

Publicar un comentario