O Consorcio Provincial Contra Incendios aproba un orzamento de 3.285.000 euros para 2017
Un convenio coa AP-9 garante que os vehículos non terán que deterse nas cabinas do peaxe
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva presidiu hoxe o pleno do Consorcio Provincial Contra Incendios
Foto: D. P.
Infogauda / Pontevedra
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva presidiu hoxe o pleno do Consorcio Provincial Contra Incendios que aprobou o seu orzamento para o ano 2017 que ascende a 3.285.000 euros.
Ao mesmo tempo, reuniuse o consello asesor do Consorcio no que participan representantes dos concellos de Ribadumia, Vilagarcía, O Porriño e Bueu. Este consello asesor foi informado do convenio entre a Deputación de Pontevedra e Autopista do Atlántico (AP-9) para que os vehículos do Consorcio podan usar as vías de telepeaxe en lugar de deterse nas cabinas de cobro. Deste xeito garantírase unha maior rapidez no traslado dos vehículos de emerxencia cando teñen que usar a autopista do Atlántico. Este convenio foi aprobado tamén polo plenario do Consorcio.
O plenario do Consorcio, do que forman parte a Xunta de Galicia e a Deputación, aprobou tamén a conta xeral do ano 2015 e informou dos prazos de pagos do segundo e terceiro trimestre de ano dacordo co previsto na lei 3/2004 contra a morosidade nas administracións públicas, situadas entorno aos 27 días.
O Consorcio Provincial Contra Incendios conta con catro parques nos concellos de O Porriño, Bueu, Ribadumia e Vilagarcía e desde eles prestase o servizo de extinción de incendios aos concellos da provincia salvo a Pontevedra e Vigo, que por lei teñen os seus propios servizos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario