9 de nov. de 2016

O ROSAL

O BNG-AA NO ROSAL CONVOCA UNHA ASEMBLEA ABERTA DE VECIÑOS

Este xoves día 10 de novembro, ás 20:00 h., nos baixos do Concello do Rosal 


BNG / O Rosal

 Este xoves día 10 de novembro, ás 20:00 horas, celebrarase a asemblea aberta de veciñas/os nos baixos do Concello do Rosal co obxectivo de  escoitar, intercambiar opinións, recoller propostas dos veciños do Rosal e dar conta do noso traballo como grupo municipal e como  concelleiros. 

 Lembramos que as asembleas abertas teñen data fixa, celebrándose o  segundo xoves de cada mes impar, que son nos que hai pleno, nos baixos do Concello ás 20:00 h. 

 Agardamos a que a veciñanza participe e colabore na mesma, pois, para o BNG a súa voz é fundamental.

Ningún comentario:

Publicar un comentario