CULTURA
TERTULIA LITERARIA EN GOIÁN
O CLUBE DE LECTURA CHOCOLATE CON LIBROS CONVIDOU O ESCRITOR E EDITOR VIGUÉS FRANCISCO CASTRO
Mirta Misa / Goián
O pasado venres 4 de novembro o club de lectura Chocolate con libros organizou unha tertulia literaria na biblioteca do CEIP Pintor Antonio Fernández.

O convidado foi o escritor e editor vigués Francisco Castro, autor, entre outros, de Chamádeme Simbad, A xeración perdida, Spam, Un bosque cheo de faias ou O ceo dos afogados.
A velada xirou arredor das súas últimas novelas Amor é unha palabra coma outra calquera e Tes ata as dez. Falouse de amor, de mulleres, de afouteza, de sentimentos coa compañía da música de The Beatles e unhas boas tazas de chocolate quente nun espazo acolledor e que invitaba á palabra.
Este club de lectura Chocolate con libros está formado por mestras e nais do CEIP Pintor Antonio Fernández con intereses diferentes pero con algo en común: o gusto pola lectura. Funciona dende xaneiro de 2012 reuníndose o último xoves de cada mes na Biblioteca do centro educativo.
A continuidade das tertulias é unha das propostas deste ano así como as saídas culturais a lugares emblemáticos da nosa literatura. E como non, a lectura, sempre a lectura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario