As obras do campo municipal de fútbol da Sangriña avanzan para unha maior accesibilidade
• Estase a construír unha nova pasarela de acceso, unha cantina e un almacén
Infogauda / A Guarda
O campo municipal de fútbol da Sangriña atópase en obras. Con esa actuación renovaranse as instalacións da cantina e do almacén da entrada.
O gran cambio será a pasarela que unirá a entrada coas gradas, facilitando a entrada de espectadores con mobilidade reducida, con cadeira de rodas, con carriños,...
Con esta intervención, o Concello de A Guarda aposta pola mellora das instalacións deportivas, non só para a práctica do deporte, senón tamén para o desfrute das familias e dos espectadores que acoden a apoiar aos equipos locais.
“Estamos moi contentos de poder darlle esta renovación ás instalacións do campo da Sangriña, pois é un punto de encontro para desfrutar do deporte e debe ser accesible para todos e todas”, afirma o alcalde.
Actualmente, o campo municipal da Sangriña é a casa dos equipos de fútbol do Sporting Guardés, da Unión Guardesa, e do equipo de fútbol gaélico Gróvias F.G.
Esta intervención conta cun orzamento de 118.512,99€, dos cales 69.715,10€ proveñen da subvención do Plan Extraordinario de Infraestrutruras Deportivas da Deputación de Pontevedra e os 48.797,89€ son aportación do Concello de A Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario