28 de nov. de 2016

DEPORTES

ESTIVEL MARTÍNEZ E SONIA ÁLVAREZ, VENCEDORES DO III TRAIL DO TREGA   

O evento contou tamén cunha andaina simultánea de aproximadamente 10 km polo mesmo entorno

A andaina contou cuns 50 participantes, mentres que a carreira contou con máis de 200 persoas


Entrada en liña de meta dos dous primeiros atletas clasificados
Foto: C. A. G.

Infogauda / A Guarda

 Este domingo celebrouse na Guarda, a terceira edición do Trail do Trega. Esta  esixente proba, consistiu nunha carreira a pé cunha distancia aproximada de 18,5 km que transcorreu polo Monte Santa Trega e os seus arredores, coa conseguinte dificultade de subidas e baixadas que presenta o terreo.  

 O evento, organizado por Timeaventure en colaboración có Concello da Guarda, contou tamén cunha andaina simultánea de aproximadamente 10 km polo mesmo entorno. A andaina contou cuns 50 participantes, mentres que a carreira contou con máis de 200 persoas.  

 Preto das 15:00 horas tivo lugar a entrega de premios, que foi efectuada polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz; o concelleiro de Deporte, Manuel Javier Crespo González e a concelleira de Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente Baz.   

 Os 3 primeiros clasificados varons: 
1º Estivel Martínez Medina 
2º David Rodríguez Gil 
3º José Luis Dorado Vieitez  

 As 3 primeiras clasificadas en féminas: 
1ª Sonia Álvarez González 
2ª María Martínez Medina 
3ª Rocío Blanco Carrera  

 O resto da clasificación xeral e por categorías pódese consultar premendo eiquí.  

 Dende o concello agradecen a todos organizadores que fixeron posible esta nova edición do Trail e aos participantes, que ó rematar a proba mostraron a súa satisfacción coa carreira a pesar da dureza da mesma.

Ningún comentario:

Publicar un comentario