10 de nov. de 2016

CULTURA

O conselleiro de Cultura en funcións visita a exposición de Berta Cáccamo no CGAC

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Román Rodríguez, visitou esta mañá a exposición ‘Berta Cáccamo. Expansión ensaio’


Infogauda / Santiago de Compostela

 O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Román Rodríguez, visitou esta mañá a exposición ‘Berta Cáccamo. Expansión ensaio’, que desde o pasado 4 de novembro ata o vindeiro 22 de xaneiro se pode contemplar no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Acompañado da propia autora e do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o titular do departamento de Cultura da Xunta de Galicia percorreu o traballo da artista viguesa nos últimos 30 anos.
 Neste sentido, cómpre destacar que a mostra nace a partir de obras de finais dos anos oitenta, cunha pintura que emerxe coma o grafismo dunha linguaxe descoñecida e na que o debuxo cobra un protagonismo fundamental. Nos anos noventa, pasa da precisión do debuxo á concreción poética e, posteriormente, decantarase por buscar a xeometría e o sentido de serie.

Ningún comentario:

Publicar un comentario