28 de nov. de 2016

A GUARDA

COMERCIANTES E VECIÑOS DA GUARDA, PARTICIPARON NO OBRADOIRO “UN ADORNO PARA O NADAL GUARDÉS”

Esta iniciativa forma parte da campaña de Nadal impulsada dende o concello da Guarda, dentro do programa “Decora o teu Nadal”, que convidou ás asociacións culturais, sociais e deportivas e ás comisións de festas a colaborar na organización e decoración urbana da Guarda neste Nadal 2016  


Maite Lomba dando ás pautas o comezo do obradoiro “Un adorno para o Nadal guardés” 
E deseguido, a pór ás ideas en práctica                


Infogauda / A Guarda

 Uns 30 comerciantes e veciños da Guarda participaron o pasado sábado día 26 de novembro, no obradoiro “Un adorno para o Nadal guardés” que desde ás 15:30 horas e ata arredor das 20:00 horas, se celebrou na Casa dos Alonso.

 Esta iniciativa forma parte da campaña de Nadal impulsada dende o concello da Guarda, dentro do programa “Decora o teu Nadal”, que convidou ás asociacións culturais, sociais e deportivas e ás comisións de festas a colaborar na organización e decoración urbana da Guarda neste Nadal 2016.   

Velaí unha pequena mostra dos adornos de Nadal

 Co obxectivo de que os comerciantes tamén se sumaran, dende o concello se buscou un elemento decorativo común que puideran realizar eles mesmos e que lograra darlle a vila unha decoración unificada. Isto foi o que se levou a cabo no obradoiro do sábado, impartido pola interiorista Maite Lomba, quen ademais tamén realizou dous titoriais explicando como realizar o adorno para os que non puideron acudir. Estes vídeos poden atoparse no Facebook de Cultura da Guarda ou na páxina web do concello.   

 Entre os participantes do obradoiro había comerciantes de tendas de decoración, froiterías, tendas de roupa, zapaterías, perruquerías, etc. Durante toda a tarde foron realizando  o adorno para os seus establecementos, no que foi unha xornada divertida e frutífera, pois marcharon cuns fermosos adornos realizados por eles mesmos. Así que anímase aos veciños e veciñas a que se sumen a facer o adorno para decorar portais, balcóns, fiestras, etc. 

A interiorista Maite Lomba e a concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes

 Ademais o obradoiro tamén contou coa presencia do alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz; a concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes Álvarez;  e a concelleira de Cultura, Elena Baz Rodríguez, que non se quixeron perder unha iniciativa que axuda a afianzar as relacións entre o comercio da Guarda e o concello, colaborando man a man nesta campaña navideña.  

 Ó remate da tarde os e as participantes non dubidaron en felicitar aos organizadores pola iniciativa, destacaron o bo ambiente e expresaron o seu desexo de repetir a experiencia. Polo momento, este ano haberá máis obradoiros, pero dirixidos aos máis cativos. 

 O vindeiro día 10 de decembro se impartirá o obradoiro “Decora o teu concello”, o día 22 o seguinte, “Decora a Praza de Abastos” e o día 28 o último, “Decora a Recepción Real”. 

 Todos os nenos e nenas, de entre 4 e 12 anos que queiran inscribirse, poden facelo no Departamento de Cultura o concello da Guarda ou a través do e-mail cultura@aguarda.es ata o mércores 7 de decembro. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario