CONCHI ORTEGA (VOCEIRA DO PARTIDO POPULAR NO CONCELLO): “O GOBERNO DA GUARDA REXEITA LIBERAR A ZONA DA ALAMEDA DO BOTELLÓN”
“E arranxar a entrada do cemiterio”
• Son dúas das tres mocións que o PP da Guarda defendeu no último pleno municipal.
• Os populares conseguiron o apoio unánime para pedir que os tripulantes de palangreiros teñan un coeficiente de xubilación do 0,40.
• Conchi Ortega contrapón as mocións, rogos e preguntas que formulan os populares sobre cuestións municipais, fronte ás mocións tipo cociñadas en Santiago, que presenta o BNG e que son exactamente iguais en todos os concellos.
Infogauda / A Guarda
O Partido Popular da Guarda quedou só nas súas “propostas de liberar a zona da Alameda do botellón e arranxar a entrada do cemiterio”, dúas iniciativas que defenderon no pleno municipal e que atoparon o rexeitamento do Goberno socialista.
A voceira popular, Conchi Ortega Martínez, lamenta “que dúas propostas que partiron dos propios cidadáns e ás que o PP puxo voz, quedasen sen solucións”.
“Temos que comunicarlle a quen nos pediu encarecidamente esta moción, tanto polo seu descanso como porque os nenos teñan un espazo no que xogar os domingos, que non puido ser, que só o PP votou a favor desta moción”, explica. Ademais, lamenta que “a pesar de que se propoñían alternativas de ocio para a mocidade, nunca é suficiente para o resto de grupos”. Por este motivo, Conchi Ortega os reta a que “presenten unha alternativa, porque o que está claro é que o non polo non, nunca é unha solución”.

A moción que si recibiu o apoio unánime da corporación foi a que o PP presentou para apoiar a flota palangreira, moi numerosa na Guarda e pedir que os tripulantes de palangreiros teñan un coeficiente de xubilación xusto, do 0.40, de acorde coas dificultades do seu traballo, polo que propoñen que se cambie a norma aprobada polo Ministerio de Traballo en 2007.
Conchi Ortega pón “en valor o traballo que está desenvolvendo o PP local pleno tras pleno, propoñendo medidas para mellorar a calidade de vida dos guardeses e mesmo solucións a problemas municipais, ben a través de mocións, rogos ou preguntas”. “Fixemos mocións relacionadas coa Guarda, e máis de 30 preguntas e rogos sobre o concello”, recorda. “Obtivemos alguns compromisos como arranxar a Rua dos Casás, ou limpar de maleza as docas do Pasaxe, lamentamos no ter conquerido compromiso de data de arranxo da ultima fase da Rua a Cal pero en xaneiro insistiremos”-
Conchi Ortega tamén manifestou “que foi sorprendente que dous partidos que gobernan xuntos na Deputación, PSOE e BNG se enfrenten por plans postos en marcha pola Deputación en A Guarda, xa que se rexeitou o plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra no pleno”

Ademais, a voceira popular contrapón “as mocións que o PP defende sobre cuestións municipais guardesas, coas mocións tipo cociñadas en Santiago, que presentan outro grupo da oposición no pleno da Guarda e que son exactamente iguais en todos os concellos da provincia”. “Nós non vamos ao pleno a facer alta política, estamos nun concello e queremos falar e pactar, si é posible, solucións que afectan aos veciños, así como controlar a xestión do grupo de goberno”, apunta Conchi Ortega. Sobre isto, ironizou: “Estamos facendo do pleno unha sesión de control o goberno galego e nacional, e proba disto é que Ana Pontón levou esta semana ao Parlamento galego na sesión de control, cuestións que presentou o BNG no pleno da Guarda”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario