26 de nov. de 2016

A GUARDA

A Xunta de Galicia inicia a obra de mellora do firme da estrada PO-352, ao seu paso polo concello da Guarda, coa fin de incrementar a seguridade viaria

Nesta vía actuarase na totalidade da estrada, de 4,35 quilómetros de lonxitude, entre o punto quilométrico 1+680 ao 6+030. Ademais das reparacións puntuais, previse a extensión dunha nova capa de rodadura en toda a sección entre o PQ 0 e o 1+000, concretamente na travesía de Perillo

Este paquete de obras foi adxudicado á empresa Taboada y Ramos por un importe de máis de 400.000 euros e ten un prazo de execución de tres meses  

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida


Infogauda / Baixo Miño

 A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), vén de iniciar as obras de mellora do firme na estrada PO-352 (A Guarda-Camposancos) ao seu paso polo concello da Guarda, onde se invisten máis de 88.000 euros. Estas actuacións están enmarcadas nun contrato máis amplo no que tamén se inclúen actuacións de rehabilitación do firme nas estradas PO-553, na Ponte de Goián, no concello de Tomiño, ou na PO-552, nos municipios de Tomiño e Tui.

 Na estrada PO-352 actuarase na totalidade da estrada, de 4,35 quilómetros de lonxitude, entre o punto quilométrico 1+680 ao 6+030. Ademais das reparacións puntuais, previse a extensión dunha nova capa de rodadura en toda a sección na travesía de Perillo.

 Esta obra inclúese nun paquete de reforzos de firme que foi adxudicado á empresa Taboada y Ramos por un importe de máis de 400.000 euros e conta cun prazo de execución de tres meses.
 
 Os traballos proxectados no citado contrato comezaron na estrada PO-552, onde se actuou no treito comprendido entre os puntos quilométricos 59+300, preto da Tarrasteira, e 71+070, en Areas, nos municipios de Tomiño e Tui. Unha vez rematadas as melloras nesta vía comezaron os traballos na PO-352 e seguirán por último na PO-553.

 O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario