15 de out. de 2016

GOIÁN

Malasombra Producións presenta “Go On!” 

Este domingo, día 16 de outubro, ás 19:00 horas, no Auditorio de Goián  

O prezo da entrada para asistir á representación é de 3.00 euros, podéndose adquirir o tícket no propio auditorio dende unha hora antes do comezo da función 
   

Infogauda / Goián

 O Outono Cultural do Concello de Tomiño chega este domingo día de outubro, ás 19:00 horas, á súa terceira entrega, coa obra teatral “Go On!” da compañía Malasombra Producións, cos actores Xoque Carbajal e Jouse García.  

 A obra escrita por José Luís Prieto, dúas veces gañador dos premios Max de teatro, é unha “odisea cómica no espazo galaico”, segundo a define un dos seus protagonistas.  

 O prezo da entrada para asistir á representación é de 3,00 euros, podéndose adquirir o tícket no propio auditorio dende unha hora antes do comezo da función.  

 Go On! relata as peripecias de dous exploradores que se adentran nas descoñecidas terras galaicas e vanse atopando en clave de humor, ao longo dos 70 minutos, con tópicos galegos como a Santa Compaña, un tren que avanza a velocidade negativa, Xosé Ramón Gayoso ou a Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario