CONVERXENCIA GALEGA SINALA O INCUMPLIMENTO DE ACORDOS PLENARIOS E DA LEI DA MEMORIA HISTÓRICA
Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O concelleiro Celso R. Fariñas, de Converxencia Galega, ven de relembrarlle o executivo municipal do Concello de A Guarda, o seguinte:
ACORDOS PLENARIOS APROBADOS POLA CORPORACIÓN MUNICIPAL POR UNANIMIDADE, E PASADO MAIS QUE PLAZO SUFICIENTE NON SE CUMPLIRON
Presentada por Converxencia Galega
Debatida e aprobada por unanimidade no Pleno Ordinario do 1º de abril/2016
CUMPLIMENTO DA LEI 52/2007 DA MEMORIA HISTÓRICA
Dende fai bastante tempo, temos constancia, que diversos colectivos sociais, sindicais e políticos, se teñen dirixido o Concello de A Guarda, solicitando o cumplimento da Lei 52/2007 da Memoria Histórica que no seu artigo 15 de SÍMBOLOS E MONUMENTOS PÚBLICOS, Punto 1, sinala:
“(…) As administracións públicas, no exercicio das súas competencias, tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxetos (…)”.
Polo anterior, consideramos que non é de recibo, que a día de hoxe, que tendo no noso pobo un goberno “progresista”, do mesmo partido de quen elaborou a Lei, poidamos observar en distintos rincóns de A Guarda, placas en fontes, fachadas de vivendas –incluído o Concello- recordando as obras feitas na época da dictadura.
Vivendas sociais, fontes, lavadeiros, rúas, etc., siguen mantendo placas, co xugo e as frechas, sin que o Goberno do PSOE local escoite a solicitude dos colectivos que teñen presentado escritos nese sentido.
Queremos deixar craro que desexamos que a simboloxía pública debera ser ocasión de encontro e non de enfrontamento, ofensa ou agravio.
Polo que por medio de este escrito, vimos a solicitar do Sr. Alcalde e da Corporación Municipal, que se proceda a cumplir a Lei 52/2007 e se de inicio a retirada das placas existentes en distintos puntos da nosa localidade con símboloxía franquista.
A Guarda, a 29 de Marzo de 2.016
Asinado: Fabián González Alvarez
FEITO A DIA DE HOXE: NADA
A Guarda, a 20 de setembro do 2.016
Rexistro de Entrada nº 6.017
Data de Rexistro: 21.09.2016
Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega
Ningún comentario:
Publicar un comentario