1 de out. de 2016

A GUARDA

DEPORTES

ISMAEL FERNÁNDEZ HERNÁNDEZ, GAÑADOR ABSOLUTO DO DESAFÍO MONTE SANTA TREGA, 2016

Iván Pimentel Giráldez, de Loureza (Oia), entrou en segunda posición

Ángel Álvarez Pérez, da Sociedade Atlética do Trega, logrou podio 

A gañadora en féminas foi a atleta colombiana Elena Arboleda Campo



Ismael Fernández Hernández, entrando en liña de meta como gañador absoluto do Desafío Monte Santa Trega, 2016
Fotos: Ricardo Rodríguez Vicente

Iván Pimentel Giráldez, sentado na liña de meta, logo de haber acadado o 2º posto da clasificación, e Ángel Álvarez Pérez, que entrou en terceiro lugar

Alvaro Pino Couñago, gañador de la Vuelta Ciclista a España, en 1986, chegando a liña de meta, como participante de honra no Desafío Monte Santa Trega, coa súa bicicleta e co maillot marelo que acadou fai 30 anos na ronda española

Alvaro Pino, no Monte Santa Trega (A Guarda)
De esquerda a dereita da imaxe: Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda; Ismael Fernández Hernández, Álvaro Pino Couñago e José Ramón Lete Lasa, Secretario xeral de Deportes, da Xunta de Galicia


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Este sábado foi un día grande para o deporte na vila de A Guarda, que acolleu o Desafío Monte Santa Trega, amadriñado por Julia Vaquero Sousa, a atleta olímpica de A Guarda, que participou nos Xogos Olímpicos de Atlanta, 1996, e no que a figura da xornada foi nada máis e nada menos que Álvaro Pino Couñago.

 O ciclista ponteareán, que formou parte da plantilla do Club Ciclista José Riego Lomba, e que en 1986 se proclamou campión de la Vuelta Ciclista a España, viu ata A Guarda coa mesma bicicleta e co maillot marelo que logrou naquela edición da ronda española fai 30 anos. E coa súa afabilidade, súa simpatía e seu saber estar como deportista e como persoa, non dubidou en participar no Desafío Monte Santa Trega, 2016 e facer a ascensión ata o Pico de San Francisco, en bicicleta.

 E namentras Álvaro Pino subía o Monte Santa Trega en bicicleta, os demais participantes facíano correndo monte arriba, por un trazado con un desnivel considerable. 

 O primeiro atleta en entrar na liña de meta foi Ismael Fernández Hernández, da categoría Absoluta Masculino, con un crono de 00:13:31.

 En segunda posición chegou Iván Pimentel Giráldez, de Loureza (Oia), con un tempo de 00:13:48. Nada máis cruza-la meta, Iván sentouse no chán, e a continuación deitaríase, deixando ben patente o esforzo que desenvolvou na proba.

 O terceiro clasificado foi Ángel Álvarez Pérez, da Sociedade Atlética do Trega, con un tempo de 00:13:50.

 En féminas, a primeira clasificada foi a atleta colombiana Elena Arboleda Campo, con un tempo de 00:23:50.

 A segunda clasificada foi Isabel López Montes, con un crono de 00:25:40.

 En terceira posición, Noelia Iglesias Iglesias, con un tempo de 00:27:32. Con ese mesmo crono, a cuarta clasificada foi Sandra Galiñanes Lima.

 En total cruzaron a liña de meta, 25 atletas que participaron no Desafío Monte Santa Trega, 2016 e o ciclista Álvaro Pino, que unha vez máis percibiu o aprecio que os siareiros lle teñen, e na Guarda, de xeito moi especial, se cabe, pois como dixemos, formou parte do equipo profisional de ciclismo José Riego Lomba.

Ningún comentario:

Publicar un comentario