15 de xul. de 2016

TOMIÑO

A Praza do Seixo centra a actividade cultural de verán en Tomiño

Cinema, baile folclórico, música de bandas, percusión e rock, mesturaranse cun gran concerto de Roi Casal no “Son da Praza”  



 Infogauda / Tomiño

 A Concellaría de Cultura do Concello de Tomiño, que dirixe Cristina Martínez, organiza coa colaboración da Deputación de Pontevedra, a Programación Cultural Verán 2016 “O Son da Praza”.  

 O programa, que terá como eixo vertebrador a reformada Praza do Seixo, comeza o vindeiro venres día 22 de xullo, coa proxección da película “Hotel Transilvania 2”, a partir das 22:00 horas.  

 O sábado día 23, será o XXIII Festival Folclórico Encontro dos Pobos, con grupos de Mallorca, Escocia e Galicia.  

 O venres día 29 de xullo, cinema outra vez, con “Río 2”, tamén a partir das 22:00 h., pero na Praza da Mina.  

 A película “Belle e Sebastian”, será a encargada de abrir o mes de agosto, o venres día 5, á mesma hora.  

 O sábado día 6, espectáculo “A lingua na boca”, con letras e pensamentos de Castelao.  

 Domingo día 7, percusión electrónica e artes visuais de Robertoliveira, sempre ás 22:00 horas.  

 O venres día 12 volta o cinema co “A ovella Shaun”, esta vez na Praza da Mina, ás 22:00 horas.  

 O seguinte venres, día 19 de agosto, gran concerto da banda galega de rock and roll “Rockin ‘Gina & The Sentinels”. No Seixo ás 22:00 horas.  

 O venres día 26, a Banda de Música Agrupación Musical de Goián, ofrecerá en concerto “Unha noite de amor con Lela”, tamén no Seixo, ás 22:00 h..  

 E para rematar a programación estival, o sábado día 27 de agosto, concerto do músico galego Roi Casal “Son galego, son cubano”. Praza do Seixo, 22:00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario