15 de xul. de 2016

TOMIÑO

A Xunta de Galicia inclúe a Tomiño nun programa de actividades culturais cunha andaina pola ribeira do Miño  

Vista parcial do Espazo Fortaleza, en Goián (Tomiño)
Foto: Concello de Tomiño

Infogauda / Tomiño

 A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia inclúe a Tomiño no programa de actividades culturais “Monumenta. Andar con arte”, cunha andaina pola ribeira do Miño. Monumenta, andar con arte é un programa de actividades culturais que se desenvolve ao redor da acción de camiñar e da experiencia da andaina como a mellor e a máis antiga das maneiras de explorar e de vivir o territorio. Con este novo horizonte, Monumenta avanza un paso máis á hora de mostrar, difundir e contar o noso patrimonio material -igrexas, castros e outros monumentos e lugares históricos - desde as achegas do patrimonio inmaterial, que é a raíz do seu significado.  

 Convidados expertos en diferentes áreas como a arquitectura, a arqueoloxía, a xeografía, a xeoloxía ou a arte, axudarannos a entender outras particularidades e valores dos diversos aspectos do patrimonio material e inmaterial de Galicia. 

 Con este ciclo de andainas, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia achégalle á cidadanía unha experiencia diferente de vivir e sentir o noso patrimonio, relacionando cada edificio co territorio e coa súa singularidade cultural e paisaxística. 

 No caso de Tomiño, a andaina “O Miño: a Raia da Amizade” realizarase o día 27 de agosto ás 10.30 horas, con saída desde o Espazo Fortaleza (entrada do antigo ferry) en Goián. Na páxina 16 e 17 do enlace cuadernillo20pags-2106-af, tedes toda a información desta actividade.  

 Para máis información, premer eiquí. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario