15 de xul. de 2016

O ROSAL

A XXIV edición da Feira do Viño do Rosal, celebrarase do 15 ao 17 de xullo na Praza do Calvario

Ven de ser declarada Festa de Interese Turístico Galego 


Infogauda / O Rosal

 Este venres día 15 de xullo, ás 20:00 horas, terá lugar a inauguración, a cargo do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. 

 PROGRAMA DA FEIRA 2016 

Venres, día 15 de xullo  

20:00 h. Inauguración a cargo do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.  

20:10 h., lectura do pregón a cargo do comentarista gastronómico José María Toro.  

20:30 h., visita ós expositores e degustación de viños do Rosal.  

22:00 h., actuación da Charanga Cantos Somos.   

02:00 h., peche da Feira da primeira xornada da Feira do Viño do Rosal.

Sábado, día 16 de xullo  

11:00 h., carreira de nenos.  

19:00 h., actuación do Grupo de Folk Lareira.  

21:00 h., presentación do Acanor Atlético Novás.  

21:30 h., actuación da Charanga Vai de Baile.  

02:00 h., Peche da segunda xornada da Feira.    

Domingo, día 17 de xullo  

10:30 h., Andaina 10k.  

11:00 h.,  Carreira 10K. 

20:30 h., actuación da Charanga Moita Marcha.  

24:00 h., Clausura da Feira.     

PARTICIPANTES NA FEIRA 

1. Pedregales 
2. Gaudila 
3. Altos de Torona 
4. Gran Novás 
5. Quinta Couselo 
6. Santiago Ruiz 
7. Lagar de Cervera 
8. Valmiñor 
9. Terras Gauda 
10. Quinta de la Erre 
11. A Rosaleira; produtos vexetais envasados. 
12. Ginabelle 
13. Froitos do Rosal – Mirabel do Rosal  
14. Consello Regulador e Ruta do Viño Rías Baixas 

GASTRONOMÍA 

1. Restaurante Xantar 
2. Restaurante As Brasas 
3. Restaurante Trasmallo 
4. O Telleiro 
5. Marisquería O Roxo 
6. Pastelería Montserrat 
7. Pulpería Tere  

EXPOSICIÓNS 

Do 15 ao 25 de xullo na Sala de Exposicións do Concello 

HORARIO: 

De luns a venres: de 11:00 a 13:00 horas. 

Sábados, domingos e festivos: de 11 a 13:00 e de 20 a 22 horas.  

· COLECTIVO SOMOSARTE: PINTURA E ESCULTURA DO BAIXO MIÑO  

· XXIII MOSTRA NUMISMÁTICA E FILATÉLICA DO GRUPO “VAL DO ROSAL”  

 O Grupo Filatélico “Val do Rosal conmemora con un carimbo conmemorativo, o 50 Aniversario o comezo da Concentración Parcelaria no termo municipal do Rosal. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario