AREEIRO ADVIRTE DE DANOS MOI VISIBLES NOS BUXOS DA PROVINCIA
Os técnicos alertan da aparición da ‘psila africana’ nos cítricos de do ‘tigre do plátano’ nas árbores de diferentes zonas da provincia
Na viña insístese na necesidade de vixilancia das parcelas e da aireación dos acios como medidas preventivas fronte ao Mildeu
Infogauda / Pontevedra
A Estación
Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén
de advertir dos graves danos da Cydalimaperspectalis
nos buxos dos xardíns da provincia.
Segundo indican, recibíronse numerosas notificacións de danos “ben visibles”,
polo que se recomenda facer fronte á praga utilizando aceite de parafina,
azadiractin (de orixe natural) ou cipermetrin, deltametrin ou outros piretroides
(de orixe sintética), procurando mollar ben a totalidade da pranta.
Por outra
banda, os responsables da estación sinalan o inicio dos síntomas da presencia
do coñecido ‘tigre do plátano’ (Corythucaciliata)
en árbores de diferentes zonas da provincia. Para reducir as poboacións e
evitar as decoloracións que xera o ataque nos ‘plátanos de sombra’ é recomendable aplicar un tratamento con
alfacipermetrin e deltametrin, nas porcentaxes indicadas (pódese consultar as
cantidades na web do Areeiro).
En canto á pataca, continúanse a observar
poboacións importantes de escaravello, que pode chegar a eliminar incluso toda
a masa foliar da pranta. En canto ás couces dos acios , nestes momentos en que
en moitas fincas se está a realizar a colleita, é preciso lembrar que é
fundamental retirar os restos do cultivo e destruílos para evitar que alberguen
individuos das pragas.
En relación aos
cítricos, durante estes días os
técnicos de Areeiro recibiron un elevadísimo número de consultas sobre como
intervir fronte á praga da ‘psila africana’ (Triozaerytreae), que nestes momentos está en plena actividade. Unha
boa medida é retirar e destruír os brotes máis novos e tenros, nos que están as
colonias dos insectos. Ademais, é preciso aplicar tratamentos insecticidas.
Debido a que tamén hai presencia de pulgóns e cochinillas ademais do tratamento
específico para o control da psila, do que só se permiten unha ou dúas
aplicacións ao ano, pode utilizarse calquera outro produto destinado ao control
de insectos ‘chupadores’ dos cítricos.
As maceiras están nestes momentos sendo
afectadas polo ‘moteado’ como consecuencia das condicións climáticas nocturnas
e das primeiras horas do día (temperaturas altas e humidade). Así mesmo,
continúan aparecendo colonias de pulgón verde, e o pulgón laníxero está
aumentando a súa actividade. A couce da maceira está a afectar fincas preto de
Pontevedra nas que hai capturas importantes que se sitúan no límite de
tolerancia. Debido a que este ano en xeral hai pouca froita, é o momento ideal
para adoptar medidas de control alternativas como a instalación de
bandas-trampa de cartón ondulado.
Finalmente, en
canto á viña, a situación segue a
ser medianamente estable fronte á semana pasada. Sen embargo, houbo fincas no
Condado, Rosal e preto de Pontevedra nas que si se confirmou un avance do fungo
do Mildeu, todas elas nas que os labores de roza non se realizaron
adecuadamente ao longo da campaña.
Nos vindeiros
días anúncianse condicións similares de temperatura ás de anteriores semanas, o
que sumado á existencia de orballos fai que a situación de risco persista.
Aconséllase, pois, manter un elevado nivel de vixilancia, realizando revisións
periódicas e renovar os tratamentos no caso necesario para frear as infeccións.
Insístese en que non se deben esquecer os labores de aireación dos acios
condespuntes, desfoliados e rozas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario