PIRAGÜISMO
MANUEL OCHOA, CAMPIÓN DE ESPAÑA JÚNIOR DE SLÁLOM, NA MODALIDADE DE CAIAC
MAGNÍFICA ACTUACIÓN DOS TEIXUGOS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA
MAGNÍFICA ACTUACIÓN DOS TEIXUGOS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA
Manuel Ochoa - no centro da imaxe - proclamouse Campión de España júnior, de slálom, na modalidade de caiac
Emilio Rodríguez - a dereita da imaxe -, en K1 veteranos, logrou un bronce neste Campionato de España
Luis e Brais - a dereita da imaxe -, na categoría C2 sénior, fixéronse coa medalla de bronce
Informa: Rosa Fernández Carrera
Esta fin de semana tivo lugar en Sort o Campionato de España de slálom, a derradeira, e máis importante proba da Liga Española de slálom olímpico ao que acudiron cerca de 300 deportistas de toda España. Oito foron os piragüistas do Club Deportivo Miño que acudiron a esta cita.
A xornada do sábado foi dura, cun circuíto moi longo e cheo de dificultades. No domingo o trazado era moito máis rápido e non deu tantos problemas como o do día anterior. Para as clasificacións do campionato sumáronse os resultados dos dous días.
Laura Soutelo en K1 muller júnior remataría oitava o sábado e décima no domingo, o que lle valeu unha posición final de novena.
Andrea González en K1 muller sénior, remataría undécima despois de ser décima no sábado e décimo segunda no domingo. Na mesma categoría Laura Alonso acabaría décimo quinta e décimo oitava, que lle valería ser décimo sétima na final.
Marco Patiño en K1 home cadete rematou o sábado vixésimo cuarto e décimo quinto o domingo, o que lle valeu a vixésima posición.
Brais Castro rozou o bronce, o sábado fixo unha baixada sen fallos pero lenta, acabando cuarto, e o domingo rematou terceiro cun bo tempo, pero que non lle deu para acadar o bronce, rematando cuarto.
Luís Fernández en C1 sénior, tivo unha mala tarde de sábado e fixo unha baixada moi boa pero algo lenta que o deixou oitavo, no domingo, moi rápido e sen fallos, quedou terceiro. Resultados que lle deron unha cuarta praza na categoría máis alta, e na que debutou esta tempada.
Luís e Brais participaron tamén na categoría C2 sénior, e non puideron ter mellor debut, pois fixéronse coa medalla de bronce.
Emilio Rodríguez, en K1 veteranos, fixo dúas boas baixadas nas que rematou terceiro e que lle deron un bronce neste Campionato de España.
Manuel Ochoa, en K1 júnior, foi segundo na tarde do sábado nunha baixada rápida e sen fallos e a segundo e medio o primeiro clasificado. No domingo rematou primeiro cunha baixada espectacular, rapidísima e sen penalizacións, que fixo que acabara como campión de España da categoría.
Bo final de tempada para os Teixugos na Liga Española de slálom, e para os clubs galegos en xeral, que cada ano fan mellor papel neste deporte dominado por vascos e cataláns.
GALERÍA DE IMAXES
GALERÍA DE IMAXES
Ningún comentario:
Publicar un comentario