21 de xul. de 2016

A PASAXE (CAMPOSANCOS) A GUARDA

DEPORTES

XORNADA DE PORTAS ABERTAS DE BEACH TENNIS ESTE SÁBADO DÍA 23 NO CODESAL 
   


Infogauda / A Pasaxe / Camposancos

 Entre a variada oferta de lecer que acollerá esta vindeira fin de semana a localidade da Guarda, destaca para os máis deportistas a Xornada de Portas Abertas de Beach Tennis. 

 Esta actividade, que terá lugar o sábado día 23 de xullo no Codesal, permitirá que todos aqueles que o desexen descubran este apaixonante e aínda moi descoñecido deporte. Para isto se celebrará un “todos contra todos” por parellas a partir das 11 da mañá. As inscricións son gratuítas e poden realizarse enviando un correo electrónico a: deporte@aguarda.es  

 O Concello da Guarda invita a todos os veciños e visitantes a unirse a unha xornada que busca dar a coñecer un deporte á vez que animar a practicar actividade física ó aire libre aproveitando o bo tempo que parece acompañará a vila estes próximos días.

Ningún comentario:

Publicar un comentario