MERCADO DA MÚSICA 2016 (4ª edición)
23 de xullo - Xardíns do Centro Cultural
Araceli del Pozo / A Guarda
O sábado día 23 de xullo celebrarase en A Guarda, a 4ª edición do Mercado da Música. Ubicado nos Xardíns do Centro Cultural da localidade, comezará as 11:00 h., e prolongárase ata ás 23:00 h..
No mercado poderás mengullarte e desfrutar de diversos postos de artesanía, fotografía, roupa de segunda man, feira do disco, coiro, camisetas, parches, complementos, instrumentos, libros, fanzines, etc.. En total máis de 30 expositores.
Durante toda a xornada poderase desfrutar de diversas actuacións de 7 grupos locais, máis un de Asturias, que conformarán a banda sonora do mercado. Que este ano é moi diversa, xa que abarca os seguintes estilos musicais: Folk, Punk, RNR, Folk de raíces, etc…
Nesta 4ª edición tamén hai un espazo adicado os máis cativos, con actividades expresamente dirixidas a eles. Poderán pintar a cara, debuxar na “mesa de debuxo libre”, talleres de malabares e xogos pensados especialmente para os picariños.
Todo orientado a que a xente pase una xornada lúdica e ociosa a redor das diversas actividades do Mercado da Música 2016, e todo de balde.

Ningún comentario:
Publicar un comentario