“ÁFRICA, SOÑOS E MENTIRAS”: EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA NA CASA DO CONCELLO DA GUARDA
Da man do Fondo Galego de Cooperación, presenta a mirada e o contacto de Gabriel Tizón, fotógrafo ferrolán con amplo percorrido internacional con África
Unha parella de xóvenes ollando á exposición fotográfica que pode visitarse na Casa do Concello
Infogauda / A Guarda
A exposición fotográfica “África, soños e mentiras” presenta a mirada e o contacto de Gabriel Tizón, fotógrafo ferrolán con amplo percorrido internacional con África, tras máis dunha década de viaxes por diferentes países do continente e, especificamente, con Guinea Bissau.
Imaxes de Gabriel Tizón, fotógrafo ferrolán
A mostra forma parte do proxecto “Causas Comúns”, que nace como ferramenta de información e sensibilización, a través da fotografía como idioma común, tanto de cara ao pobo galego como ao de Guinea Bissau, sobre o evidente incumprimento dos Dereitos Humanos tanto en África como en Europa, en particular en aspectos como a vivenda, o traballo, a alimentación ou a xustiza, entre outros.
Fotografías de Gabriel Tizón
Porén, “Causas Comúns” é unha ponte entre Bissau e Galicia, un diálogo sincero e horizontal, sen disfraces, que denuncia os graves abusos de Dereitos Humanos no contexto europeo e africano. Fala tamén da interdependencia entre as distintas zonas do planeta, da débeda externa ao cambio climático, da pobreza enerxética á desnutrición infantil ou aos efectos das patentes farmacéuticas.
Fotografía de Gabriel Tizón
As fotografías amosan as historias dos soños e as mentiras sobre un continente, África, onde o 40% da súa poboación é menor de idade. Esta exposición narra, por tanto, o encontro coas persoas, cos líderes e lideresas comunitarias e coas heroínas e heroes anónimos.
A exposición poderase visitar dende ata o 28 de xullo no concello da Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario