7 de xul. de 2016

A GUARDA

APERTURA Ó PÚBLICO DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA FORTALEZA DE SANTA CRUZ 

Terá lugar este venres, día 8 de xullo, ás 12 horas

Vista parcial do interior da Fortaleza de Santa Cruz (A Guarda)
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Este venres, día 8 de xullo, o Centro de Interpretación da Fortaleza de Santa Cruz, na Guarda, abrirá as súas portas ó público. Esta presentación terá lugar no Edificio Principal do centro, na planta baixa, ás 12 horas.  

 Desde o executivo municipal sinalan que "tras esta inauguración o Centro de Interpretación comezará a funcionar cun horario regular e habitual a partir do domingo día 10 de xullo. O horario de apertura será, as fins de semana e os días festivos, de 11:00 a 14:00 horas e pola tarde de 18:00 a 21:00 horas.  

 Dáse así por finalizada unha obra que permitirá que todos os visitantes que se acheguen a partir do domingo día 10 reciban unha experiencia completa nun edificio rehabilitado que xa conta con aseos, bar-terraza e recepción".

Ningún comentario:

Publicar un comentario