7 de xul. de 2016

GALICIA

Xunta de Galicia e Ministerio de Defensa asinan o convenio para reforzar a vixilancia nos montes galegos durante a tempada de alto risco de incendios 

O Ministerio despregará un total de 25 patrullas terrestres e un equipo de mantemento móbil do Exército, que poderá incrementarse se a situación de risco así o indica

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o director general de Política de Defensa do Ministerio de Defensa, Almirante Juan Francisco Martínez Núñez, asinaron esta mañá en San Caetano o convenio de colaboración para reforzar a vixilancia nos montes galegos durante a tempada de alto risco de incendios forestais

Infogauda / Santiago de Compostela

 A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o director general de Política de Defensa do Ministerio de Defensa, Almirante Juan Francisco Martínez Núñez, asinaron esta mañá en San Caetano o convenio de colaboración para reforzar a vixilancia nos montes galegos durante a tempada de alto risco de incendios forestais 

 O obxectivo deste acordo é disuadir e reducir a actividade incendiaria mediante a incorporación de 25 patrullas terrestres e un equipo de mantemento móbil do Exército. Desta forma tamén se contribúe a mellorar a seguridade das persoas e os bens, así como a defender a riqueza forestal de Galicia.  

 Cabe destacar que en situación de risco alto ou moi alto, o Ministerio de Defensa poderá despregar ata 75 patrullas e 2 helicópteros de vixilancia no conxunto de Galicia. Estas patrullas estarán compostas por militares sobre vehículo e cabe a posibilidade de despregar dispositivos aéreos tripulados á distancia, que permitirá realizar os labores de vixilancia de incendios de forma eficiente, segura e económica.  

 Todo o persoal despregado polo Ministerio de Defensa sumarase ao dispositivo de loita contra incendios, que na tempada de alto risco acada os 7.000 efectivos despregados nos montes galegos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario