25 de xuño de 2016

DEPORTES

PIRAGÜISMO

TRES TEIXUGOS NA ECA JUNIOR CUP DE SOLKAN, ESLOVENIA 



Informa (Redacción e fotografía): Rosa Fernández Carrera

 Esta fin de semana dispútase na canle de Solkan en Eslovenia a Copa Europea de slálom júnior e sub-23. Tres piragüistas do Club Deportivo Miño estarán formando parte do equipo nacional. En canoa sub-23 estará Luís Fernández, de 19 anos. Este piragüista de Caldelas de Tui , ten ademais o mérito de formar parte do equipo nacional absoluto. 

 Na selección júnior estarán os tomiñeses Brais Castro e Manuel Ochoa de 17 anos. Esta é a primeira competición internacional para os dous. Brais Castro en canoa e Manuel Ochoa en kayak. Destacar tamén a presenza doutra galega, Ainhoa Lameiro, do Club Penedo de Caldelas. 

 Levan xa uns días adestrando na canle de Solkan, que ademais lles sirve de preparación para o Campionato do Mundo a disputar en Cracovia nun par de semanas. 

 Sábado e domingo terán lugar as competicións que contan cun total de 370 participantes de 23 países.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario