25 de xuño de 2016

A GUARDA

GUARDESES, CAMPOSINOS E SALCIDENSES CELEBRARON A 1ª ROMARÍA CASTREXA DO MONTE SANTA TREGA

Na imaxe unha mostra da indumentaria de inspiración castrexa que loceron algúns participantes da 1ª Romaría Castrexa do Monte Santa Trega
Fotos: Ricardo Rodríguez Vicente



Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 De sobresaínte, hai que cualificar a iniciativa da 1ª Romaría Castrexa do Monte Santa Trega, que promovida polas Comunidades de Montes Veciñais en Man Común das parroquias da Guarda, Camposancos e Salcidos, levouse a cabo este venres día 24 de xuño de 2016, na zoa de Chans, do Monte Santa Trega, no municipio da Guarda (Pontevedra).

 Sobresaínte, porque todo desenvolveuse conforme ao programa previsto polos organizadores. Sobresaínte, polo bo ambiente do evento. Sobresaínte pola participación tanto dos artesáns e dos vendedores de productos do campo, como dos veciños da Guarda e da súa contorna. Sobresaínte pola climatoloxía, que tamén se aliou positivamente coa celebración. Qué máis se pode pedir?

 Á convocatoria dos organizadores responderon positivamente moitos comuneiros e veciños da Guarda, Camposancos e Salcidos, que non quixeron perderse esta celebración desde os seus comezos, e así, se os deuses do Trega son propicios, como é de prever, poder dicir dentro duns anos, eu estiven alí!

 O bonito de todo isto, foi que camposinos, guardeses e salcidenses, puidesen compartir unha xornada lúdica e festiva, con ambente de festa e en total sincronía, aproveitando o día para conversar, degustar polbo á feira, xamón, churrasco,..., e un espazo natural, en plena Natureza, onde a música tradicional de diversos grupos locais, amenizou o día, e animou a varias persoas para bailar e celebrar en perfecta harmonía o xúbilo do solsticio de verán.


A escritora Marga Rosende, dando lectura o pregón, acompañada por representantes das tres Comunidades de Montes Veciñais en Mán Común, organizadoras do evento.

 No seu fermoso pregón, a escritora Marga Rosende dixo: “(...) Non se me ocorre mellor lugar e máis significativo para celebrar esta festa que o Monte Santa Trega, onde os castrexos deixaron marcadas para sempre alá polo século IV antes de Cristo en diante (e xa choveu desde entón), as súas inesquencibles e impresionantes pegadas na Citania, que moito máis que un exemplo, perfectamente conservado, é unha extraordinaria realidade na que podemos ver reflectido o día a día de toda unha cultura. Ou no poboado de Mergelina, que se me permitides a licenza, é  o meu favorito, porque despois de vinte e catro séculos aínda está a emerxer, e aínda queda tanto por mostrarnos que resulta imposible saber o que baixo esas pedras ocúltase, e iso fai que a miña curiosidade de arqueóloga afeccionada (e podo imaxinar que a de todos vós), crea que a cabeza que asomou no pasado outono, xunto co resto de pezas recuperadas, que son moitas, non é máis que un aviso xeneroso do que aínda nos vai a entregar este castro.

 Hoxe é un día para a festa, e todo o que nos rodea neste monte é tan realmente castrexo que se pechamos os ollos, sen ningún esforzo poderemos imaxinar como os seus poboadores celebrarían un día como este fai máis de vinte séculos. E así, imaxinaremos homes e mulleres que por unha xornada aparcan os seus quefaceres cotiáns; iso sí, despois de alimentar e coidar aos seus animais, que eses, como ben sabemos, non perdoan nin os días máis festexados. Imaxinaremos homes e mulleres traballadores que no día de festa non se achegan aos muíños nin van recoller froitos silvestres, nin baixan a mariscar. Imaxinaremos a homes e mulleres que sacan dos seus fogares as viandas almacenadas e tamén o viño que tiñan gardado a bó recaudo nas súas ánforas, e do que darán boa conta no festexo todos os poboadores do castro. Imaxinaremos homes e mulleres valentes, fortes e nobres, que se visten e arranxan dun xeito especial, porque o día de festa do seu monte, o que lles garda e protéxelles, meréceo. E como non, por suposto imaxinaremos tamén nenos; nenos que rin e gritan, xogan e saltan, soben e baixan percorrendo os camiños intrincados do monte que coñecen como a palma da súa man (...)”.

 Marga Rosende dixo tamén : “(...) Somos sen dúbida privilexiados por estar baixo este ceo, rodeados do verde deste monte especial, e podendo vivir o espectáculo único de ver como as augas do río Miño acábanse perdendo no océano, e sendo conscientes de que o pobo castrexo, os nosos antepasados galaicos de aquí ou de máis ao Norte, iso pouco importa, quedou perpetuado na historia non só por lugares como este, senón tamén para sempre nas palabras que Eduardo Pondal escribiu un  día e que resoan coas notas do himno galego: “Confín dous verdes castros, e valeroso chán (...)”.

 Marga Rosende rematou seu pregón coa frase “Vivan os castrexos!”, que foi respondida polos presentes cun rotundo: Vivan!

Tapas de pobo á feira, xamón cortado por un mestre xamoneiro, e churrasco, foron algunhas das propostas gastronómicas da xornada

 Logo da lectura do pregón, o respectable público comezou a disfroitar dos manxares como o polbo á feira, xamón cortado por Francisco, churrasco,..., ou o xantar que cada familia levou das súas casas. Todo elo, sen presas, dando lugar o encontro e a conversa cos amigos, e o disfroite da boa compaña, e da animación musical.

 Dentro da programación desta 1ª Romaría Castrexa no Monte Santa Trega, tivo lugar á 1ª Ruta Cabalar, na que participaron preto de uns 90 xinetes e amazonas procedentes de varios lugares do Val Miñor, Louriña e Baixo Miño.

 Tamén houbo xogos para persoas adultas e para os máis novos, e sobor de todo, houbo moitas gañas de pasar unha fermosa xornada festiva no monte.

A animación musical estivo á carrego de grupos de A Guarda

 Á vista de como se desenvolveu o longo de todo o día esta 1ª Romaría Castrexa, suxerimos que para a próxima edición, poderíase levar a cabo, coa antelación suficiente, un obradoiro de indumentaria castrexa, de modo que as persoas, que o desexen poidan elaborar as súas propias vestimentas e demais complementos, segundo as orientacións de persoas expertas nese tipo de materia.

 Outra proposta que lanzamos, é a creación por parte dalgún autor local, dun guión para unha posible representación teatral in situ, inspirada na vida dos poboadores dos castros e a súa relación con outras culturas.


 En todo caso, ainda que nos consta que xa están pensando na vindeira edición da Romaría Castrexa do Monte Santa Trega, animamos aos organizadores a darlle continuidade a esta celebración, porque ten por diante un espranzador futuro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario