"UN MAR DE EMOCIONS"
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
Do 1 ao 30 de abril
Na Casa Museo María Pita
Infogauda / A Coruña
A Casa Museo María Pita (Rúa Herrerías, 28), na cidade de A Coruña, acolle desde o día 1 ata o día 30 de abril, unha exposición fotográfica colectiva, que leva por título xenérico "Un Mar de Emocións".
Na exposición participan uns cantos fotógrafos - mulleres e homes -, moitos deles de A Guarda, que están desenvolvendo unha inmensa labor pola Cultura das imaxes.
A mostra pode visitarse de martes a sábado, en horario de 10:30 á 14:00 e de 17:30 á 20:00 horas.
Os domingos, en horario de 10:30 a 14:00 horas.
Os luns pechado.
O mar tamén sabe falar
e contar historias.
Aprende a escoitalo,
para así coñecelo mellor.
Esa á a proposta desta exposición fotográfica. Que cada persoa que á visite, aprenda a escoitar á linguaxe do mar. Do noso mar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario