29 de mar. de 2016

GALICIA

Galicia estará presente na feira Iberflora de Valencia para amosar o seu potencial no sector da planta ornamental Así llo trasladou a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias 

Agroalimentarias aos representantes da Asociación de Empresarios Viveristas del Noroeste, Asvinor

Belén do Campo reuniuse con representantes da Asociación de Empresarios Viveristas del Noroeste, Asvinor


Infogauda / Santiago de Compostela

 A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, reuniuse con representantes da Asociación de Empresarios Viveristas del Noroeste, Asvinor, para trasladarlle a participación de Galicia na feira Iberflora, considerada o referente profesional deste eido en toda Europa.
 Belén do Campo comentoulles que a Consellería do Medio Rural participará novamente neste certame, que terá lugar en setembro na cidade de Valencia, para amosar o potencial que ten a nosa comunidade no sector da planta ornamental, xa que temos arredor dunhas 900 hectáreas de superficie de cultivo e 130 viveiros existentes en Galicia.
 A directora xeral tamén se interesou pola petición desta asociación, que pasa por unha colaboración por parte desta Consellería co certame Arco Verde, que se celebra cada dous anos en Galicia, e que nas últimas edicións se celebrou en Silleda e na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
Revisión de axudas

 Outro tema tratado nesta xuntanza foi a posible revisión das axudas de modernización de explotacións agropecuarias. Neste senso, Asvinor solicitou incrementar os módulos específicos para viveirismo nestas axudas, posto que as necesidades en maquinaria e instalacións de viveiros é moi diferente ás do resto de explotacións agropecuarias. Sobre este tema, a directora xeral indicou que se estudará esta medida para que redunde en beneficio deste sector.

Ningún comentario:

Publicar un comentario