A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE CAMPOSANCOS CONTRATOU DOUS OBREIROS MÁIS, PARA TRABALLOS FORESTAIS
Desde mañá día 1 de abril, serán seis, os traballadores contratados que desenvolverán diversas tarefas nos montes veciñais de Camposancos
Vista de Camposancos desde o Monte Santa Trega, un dos lugares máis visitados do Noroeste peninsular
Foto: Infogauda
Foto: Infogauda
Infogauda / Camposancos
A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, ven de contratar a dous obreiros para traballos forestais. A ese respecto, José Fernando Martínez Martínez, presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes en Mano Común de Camposancos, informa que "os dous operarios empezarán a súa tarefa mañá día 1 de abril, os que sumados os catro contratados en marzo, suman seis traballadores dedicados cinco horas polas mañás a talar acacias no anel inferior da Citania de Mergelina e tres horas pola tarde a arrincar rebrotes de acacia e de eucalipto na zona xa deforestada e nas prantacións de árbores nobles da zona de Chans. Tamén arranxarán a área recreativa de Chans".
Por outra parte, o presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes en Mano Común de Camposancos, informa que "onte día 30 de marzo, unha representación da Xunta rectora fomos recibidos por o Subdiretor de Patrimonio da Xunta de Galicia tendo como tema principal a tratar o Monte Trega e o Padroado Municipal".

Ningún comentario:
Publicar un comentario