O Curso de Educación para Adultos do Concello de A Guarda conta con máis de 25 matriculados
O alcalde guardés, Antonio Lomba Baz, e o Concelleiro de Formación e Emprego, Manuel Javier Crespo González, animaron, antes dos exames, aos alumnos
O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba e o Concelleiro de Formación e Emprego, Manuel Javier Crespo, visitaron na mañá do mércores día 9 de marzo, aos alumnos para animalos antes de realizar os exames.
Foto: C. A. G.
Infogauda / A Guarda
O Curso de Educación para Adultos preparatorio para as probas libres do graduado da ESO, organizado polo Concello da Guarda, conta con máis de 25 matriculados.
As clases, que comezaron no mes de febreiro e que se alongarán ata setembro, se imparten en horario de mañá de luns a xoves nunha aula do edificio do do antigo colexio Sinde.
O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba e o Concelleiro de Formación e Emprego, Manuel Javier Crespo, ambos profesores de profesión, visitaron na mañá do mércores día 9 de marzo, aos alumnos para animalos antes de realizar os exames.
A primeira convocatoria para o exame é no mes de maio e a segunda será no mes de setembro.
Matrícula para o exame
O prazo para matricularse no exame libre para sacar a titulación en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) está aberto dende o 7 o 18 de marzo.
O instituto máis preto onde facer efectiva a matrícula formal para poder realizar os exames é o IES Indalecio Pérez Tizón, en Tui.
Ningún comentario:
Publicar un comentario