A sesión de “Conversas coa Xuventude” afianza os lazos entre as asociacións de A Guarda
Os veciños do municipio teñen que estar orgullosos do movemento asociativo guardés e do peso das entidades da localidade. Son moitos os voluntarios que a diario traballan para estas asociacións
Infogauda / A Guarda
O venres día 22 de xaneiro, celebrouse na Casa dos Alonso de A Guarda, a última das sesións de “Conversas coa Xuventude” organizadas pola Concellería de Xuventude. Neste encontro estiveron presentes os representantes das asociacións ConRazones, Avelaíña, San Xerome Emiliani, Cruz Vermella e Érguete Baixo Miño, ademais do alcalde Antonio Lomba Baz e a Concelleira de Xuventude, Elena Baz Rodríguez.
O nome da sesión era “Solidariedade, diversidade, cooperación,... e mocidade” e o que se pretendía era unha posta en común das diferentes asociacións falando dos distintos proxectos que están a levar a cabo, das súas necesidades e da importancia do voluntariado. Obxectivo máis que conseguido.
“Conversas coa xuventude” comezou ás 20:30 horas, e por quendas, os diferentes representantes foron falando das súas asociacións. Ano de creación, proxectos que se están a desenvolver, axudas institucionais e necesidades básicas das mesmas. A partires de aí os temas que saíron foron, por exemplo, a importancia dos voluntarios. Todos os presentes estiveron de acordo cando se dixo que “sen o traballo das persoas voluntarias a maior parte do traballo que fan as asociacións non se podería levar a cabo xa que non chegan as axudas institucionais”.
Neste punto estiveron de acordo en que “é un “luxo” que nunha vila coma A Guarda, con pouco máis de 10.000 habitantes, haxa tanta cantidade e variedade de asociacións e de tanto peso na localidade pero tamén en toda a comarca do Baixo Miño”.
Este encontro, que se alongou ata pasadas as 22:30 horas, foi moi positivo para todos os presentes xa que serviu para afianzar os lazos entre as diferentes asociacións de A Guarda. Esta sesión serviu tamén para que os representantes das asociación se deran conta da importancia de unha posta en común para poder realizar algunha tarefa en conxunto. A reunción tamén contribuiu para que nun futuro se marquen outros encontros.
Esta última sesión de “Conversas coa Xuventude” foi a máis participartiva. Como en encontros anteriores a reunión terminou coa entrega, por parte do alcalde Antonio Lomba e da Concelleira Elena Baz, de pequenos agasallos aos participantes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario