25 de xan. de 2016

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA DEMANDA MEDIDAS URXENTES DE SEGURIDADE NAS VÍAS PÚBLICAS

Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Con data de 21.01.2016, e Rexistro de Entrada nº 0405, Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega, presentou no Concello de A Guarda, á seguinte proposta:

¡¡MEDIDAS URXENTES DE SEGURIDADE!!           

 Despois de que transcurriron máis de DEZ (10) DÍAS en que nos momentos de maior intensidade da chuvia que provocaron que saltara unha tapa do alcantarillado na rúa Antonio Alonso, na confluencia de Secundino Melón e Manuel Lomba, que a punto estivo de costarlle un serio disgusto a unha familia da zona, e que provocou as lesións na nai, (a quen tiveron que poñerlle varios puntos de sutura nunha perna), e a piques estivo de caer a filla que a acompañaba naquel momento, seguramente o asunto acadaría maiores consecuencias, dado que a fondura  é considerable.

 Trala entrevista mantida polos afectados/as e mensaxes nas redes sociais, o Concelleiro de Servizos, “tomou cartas no asunto” fixo varias chamadas, deu recados de que núns días se instalarían “tapas de doble seguridade”, pero a día de hoxe, nada de nada.

 Tendo en conta que estamos en tempada de inverno e en calquer momento se pode desencadenar outra galerna similar a anterior, e que polo lugar transitan denantes de clarexar o día rapaces/as que se trasladan hacia os centros educativos, consideramos que é momento de feitos e non de discursos, e tamén, de non desplazar as responsabilidades hacia o persoal de servizos, o non facer nada ca disculpa desgastada de “non temos persoal suficiente”, senón de marcar prioridades e arranxar con urxencia as máis perigosas.

 Por elo, dende Converxencia Galega, vimos a solicitar que de maneira URXENTE se arranxe este e outros problemas nas “bocas” de alcatarillado, con tapas de “doble seguridade” como dixo o Concelleiro, ou calquer outra solución que dé unha resposta positiva a este asunto, denantes que teñamos que lamentar percances maiores.

A Guarda, a 21 de Xaneiro  do 2.016

Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega



Sr. Alcalde-Presidente           
Sr. Secretario Acctal.
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario