25 de xan. de 2016

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA RECRAMA Á INSTALACIÓN DO DESHUMIFICADOR DOADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA NO CENTRO CULTURAL

Celso R. Fariñas: "(...) Dende Converxencia Galega, vimos a reclamar a atención do Sr. Alcalde e do seu Equipo de Goberno, para que se diseñe un plan de intervención rápida para poñer “en valor” esas instalacións, que son un referente para todos/as aqueles/as que nos visitan, especialmente cando se dirixen hacia o Monte de Santa Trega (...)"

Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega na Corporación Municipal de A Guarda
Foto: Infogauda


Infogauda / A Guarda

 Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega na Corporación Municipal de A Guarda, ven de presentar no rexistro de entradas do concello á seguinte interpelación:

PARA CANDO A INSTALACIÓN DO DESHUMIDIFICADOR

 Dende fai moito tempo, mentras por unha banda escoitamos o Grupo de Goberno do PSOE reclamar axudas para manter as instalacións do Centro Cultural, e “sacar peito” de cada cousa que fan, mentras as fachadas, xardíns, monumentos e demais implementos existentes neste lugar amosan as “huellas” do vandalismo, do abandono e “tarxeta de presentación” dun pobo que pretende ser unha referencia turística (alí temos unha das oficinas de atención os visitantes), no arquivo, a suciedade e a humedade, está danando os documentos alí depositados, mentras, un deshumidificador que fai anos donou a Deputación, está a esperar que “alguén” decida como, e donde se instala.

 Isto, sen falar, dos distintos “sustos” que de vez en cando, as instalacións eléctricas dan a visitantes a estas dependencias como aconteceu fai un par de semanas.   

 Por elo, dende Converxencia Galega, vimos a reclamar a atención do Sr. Alcalde e do seu Equipo de Goberno, para que se diseñe un plan de intervención rápida para poñer “en valor” esas instalacións, que son un referente para todos/as aqueles/as que nos visitan, especialmente cando se dirixen hacia o Monte de Santa Trega.

A Guarda, a 21 de Xaneiro  do 2.016

Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega



Sr. Alcalde-Presidente           
Sr. Secretario Acctal.
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario