25 de xan. de 2016

GALICIA

Medio ambiente organiza novas rutas guiadas adaptadas aos nenos para coñecer o patrimonio natural das Illas Atlánticas fóra dos meses estivais 

Outra das novidades deste programa de visitas guiadas ‘Descubrindo o Parque Nacional’ é que tamén se celebrarán un día da semana O vindeiro mércores 27 de xaneiro ábrese o prazo de inscrición e a primeira ruta será á Illa de Ons o domingo, 7 de febreiro 

Grazas á boa acollida desta iniciativa en edicións anteriores, a Consellería de Medio Ambiente non só decidiu manter esta actividade, senón que ampliou os días de visita e o seu formato 

A actividade guiada polo parque é de balde para os participantes, que deberán asumir o custe do desprazamento ata o porto de saída e ata o arquipélago 

Ao igual que nas anteriores edicións, estipúlase un mínimo de participantes e un máximo, e a situación meteorolóxica adversa será motivo de anulación da mesma

Vista parcial das Illas Cíes
Foto: Infogauda

Infogauda / Galicia

 A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio retoma unha nova convocatoria do programa de visitas guiadas Descubrindo o Parque Nacional, que nesta edición ten dúas novidades: ofértanse rutas específicas para o público infantil e as rutas tamén se celebrarán nun día da semana.  

 Esta actividade busca divulgar e dar a coñecer o patrimonio natural dos arquipélagos do Parque Nacional Illas Atlánticas, fóra da tempada de verán, nunha época de menor afluencia, e na que se descobre os seus valores dende outro punto de vista.  

 Nesta nova convocatoria de Descubrindo o Parque Nacional ofertaranse un total de 12 novas rutas que se desenvolverán ao longo dos meses de febreiro, marzo e abril, nas que poderán participar un máximo de 238 persoas. O vindeiro mércores 27 de xaneiro abrirase o prazo para formalizar a inscrición, que se cerrará tres días antes da realización da ruta. As visitas faranse con grupos reducidos co obxectivos de ofrecer a máxima calidade nestes espazos protexidos. 

 As rutas ofertadas para nenos (recomendado para maiores de 5 anos e menores de 12 e que deberán ir acompañados por un adulto) inícianse o sábado 13 de febreiro, xornada na que se achegarán á vida mariña a través dun paseo pola costa. Tamén se ofrecen outras dúas en período vacacional de Semana Santa, o luns 21 de marzo a Ons e o martes 22 de marzo a Cíes, na que se percorrerán as praias, matogueiras e cantís facendo dinámicas e xogos que axuden aos rapaces a coñecer mellor os valores destas zonas.  

 En relación coas rutas ofertadas para público adulto, estas comezarán o domingo 7 de febreiro ofrecendo a ruta a Ons, que leva por título Unha illa de nomes e que se repetirá o mércores 17 de febreiro. Trátase dunha ruta circular cunha duración aproximada de tres horas e unha lonxitude de 6,2 quilómetros. O 13 e 16 de febreiro visitaranse a Illa de Cíes ofertando dúas rutas con temáticas distintas. A visita á illa de Cortegada está fixada para os días 9 e 28 de abril e, por último, as visitas á illa de Sálvora están fixadas para o 16 e o 27 de abril.   

 No cadro resúmense as rutas ofertadas e as xornadas de celebración: 

Grupo
Xornada
Illa
Ruta
Prazas ofertadas
 
 
NENOS
Domingo, 13 de febreiro
 
Cíes
A vida entre mareas
32
Martes, 22 de marzo
O mosaico das illas
Luns, 21 de marzo
Ons
O mosaico das illas
20
 
 
 
 
ADULTOS
 
Domingo, 7 de febreiro
 
Ons
 
Unha illa de nomes
 
40
Mércores, 17 de febreiro
Sábado, 13 de febreiro
 
Cíes
Unha viaxe no tempo
60
Martes, 16 de febreiro
Sobrevivindo que non é pouco
Sábado, 16 de abril
Sálvora
Illa de esculturas e lendas
51
Mércores, 27 de abril
Sábado, 9 de abril
Cortegada
O segredo dun bosque
35
Xoves, 28 de abril


 Este programa naceu en febreiro de 2014, como unha acción piloto onde se ofreceron catro rutas (unha por cada arquipélago) e despois dunha boa acollida –xa que se rexistraron máis de 400 solicitudes de participación-, decidiuse darlle continuidade no 2015, período no que tamén se rexistrou unha grande demanda e no que participaron máis de 500 persoas.  
Solicitudes 
 Todas aquelas persoas interesadas en participar nalgunha destas actividades deberán reservar a súa praza a través da web da central de reservas que ten habilitado o Organismo Autónomo de Parques Nacionais, lugar onde están centralizadas todas as actividades que se ofrecen en tódolos Parques Nacionais de España. O enlace web é www.reservasparquesnacionales.es. No apartado específico do PN Illas Atlánticas, aparece un listado das actividades ofertadas. Cada persoa poderá reservar e participar nunha soa ruta. Habilitarase tamén unha listaxe de espera, coa que cubrir posibles baixas. Tamén se poderá cubrir dita solicitude acudindo á sede do Parque Nacional (rúa oliva 3, Vigo).  

 Os menores deberán ir acompañados dun adulto e, por cada adulto participante admitiranse como máximo dous menores ao seu cargo.  

 A actividade será gratuíta na illa, pero cada persoa participante debe asumir o custo do transporte ao arquipélago, que deberá ser abonada antes de comezar o servizo. O transporte ao peirao de saída corre a cargo dos participantes.  

 No caso de non poder asistir á actividade deberase anular na mesma web de central de reservas onde se fixo a reserva e como máximo tres días antes de cada ruta, co fin de poder chamar a outras persoas interesadas que se atopen na lista de espera. Tamén se advirte que a excursión pode adiarse ou quedar anulada se as condicións meteorolóxicas son adversas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario