11 de xan. de 2016

A GUARDA

O MONTE SANTA TREGA FOI VISITADO EN 2015, POR MÁIS DE 180.000  PERSOAS

Iso significa un incremento de 13.029 persoas con respecto a tempada de 2014

Vista parcial do Poboado Calvo, no megapoboado galaico-romano do Monte Santa Trega (A Guarda)
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 O megapoboado galaico romano do Monte Santa Trega, no municipio de A Guarda (Pontevedra), viu incrementado no exercicio precedente, o número de visitantes que acceden a ese importantísimo enclave arqueolóxico, que algúns expertos na materia non dubidan en cualificar como o castro máis representativo do Noroeste peninsular. Ademáis de estar ubicado a 341 metros de altitude sobre o nivel do mar, nun lugar estratéxico, que dispón dunhas espectaculares vistas deica o río Miño e súa foz entre Caminha (Portugal) e Camposancos (Galicia), o Val do Rosal e comarca do Baixo Miño, o Oceáno Atlántico e a orla litoral de Caminha, A Guarda e Oia. 

 Conta con Museo Arqueolóxico in situ, sendo un dos lugares máis visitados de Galicia.

 Tódalas actuacións desenvolvidas nese Ben de Interese Cultural (B.I.C.), en anos precedentes, e de xeito especial no ano 2015, contribuiron a unha importante recuperación do número de visitantes, feito que tamén repercutiu positivamente noutros lugares de A Guarda, municipio que conta co recoñecemento de Destino de Excelencia Turística. 

 Segundo os datos que ven de facilitar o executivo municipal do Concello de A Guarda "o número de visitantes que accederon ó monte Santa Trega entre o 15 de febreiro e o 31 de decembro do 2015 foi de 180.077 persoas, o que significa un incremento de 13.029 persoas con respecto a tempada de 2014".   

 As mesma fontes salientan que "o mes con maior número de visitantes foi o de agosto, con 50.904 turistas e os de menor afluencia os de febreiro e decembro (4.834 visitantes). Cabe sinalar o incremento de practicamente 2.000 visitantes que se produciu nos meses de outubro e novembro (18.700 visitantes en 2015 fronte os 16.885 de 2014).   

 A estes datos, totalmente obxectivos, habería que engadirlle unha importante número de visitantes que acceden ó monte o mes de xaneiro e sobre todo os luns do ano, datas nas que o MASAT e a caseta de cobro permanecen pechados".  

Visitantes na zoa de reescavación do Poboado Mergelina, no Monte Santa Trega, atendendo as espricacións do guía 
Foto: C.A.G.

 Desde o Concello de A Guarda indican asemade que "das persoas que accederon ó Monte, o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT), recibiu a visita de 52.000 turistas. Ademais, as persoas que optaron por participar nas visitas guiadas, servizo que o Padroado Monte Santa Trega prestou entre os meses de abril e outubro, sumaron un total de 13.800 visitantes.  

Arqueólogos traballando na reescavación do Poboado Mergelina
Fotos: C.A.G.

 Por último sinalar que máis de 1.000 alumnos de colexios procedentes de distintos puntos de Galicia participaron nalgún dos distintos obradoiros didácticos desenvolvidos no MASAT e ó redor de 800 alumnos dos centros educativos de A Guarda asistiron ás visitas organizadas con motivo da reescavación da zona de Mergelina".

Ningún comentario:

Publicar un comentario