11 de xan. de 2016

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA DESTAPA O PROCEDER DO GRUPO DE GOBERNO, EN MATERIA LABORAL

Celso R. Fariñas: "(...)¡E iso que no Equipo de Goberno temos varios dirixentes “históricos” dalgunha central sindical centenaria! Pero bueno, o trato co persoal municipal que non son da “mesma corda” nótase no abono de “productividade”.¿A que sí? (...)"


Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega 


Infogauda / A Guarda

 Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega, na Corporación Municipal de A Guarda, ven de facer pública á seguinte comunicación:

¿TAN SECRETO É O CALENDARIO DE VACACIONS DO PERSOAL MUNICIPAL?

 En data do 23.10. (R/E nº 6896) e logo o 16.11 (R/E nº 7501), presentamos escritos solicitando se nos facilitara o Calendario de Vacacións do Persoal Laboral e Funcionario do Concello de A Guarda, dado que varios empregados se habían dirixido a quen suscribe, na procura de información dado que a Concelleira e Deputada Provincial de Traballo e Emprego, había notificado de xeito oral - ¿algún o recibiu por escrito? - o mandato de coller de xeito inmediato as vacacións, sen moitas explicacións. Ata o de agora a nosa solicitude quedou no silencio máis profundo. ¿Será ese tamén o seu proceder co persoal da Deputación? ¡E iso que no Equipo de Goberno temos varios dirixentes “históricos” dalgunha central sindical centenaria! Pero bueno, o trato co persoal municipal que non son da “mesma corda” nótase no abono de “productividade”. ¿A que sí?

 Temos que destacar, que os nosos escritos sinalaban literalmente: “(...) tal e como reflexa o Convenio Colectivo dos traballadores do Concello de A Guarda, vixente nestes momentos, publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 211, do xoves 30 de octubro do 2008, Artigo 25, punto 6:

 “O Plan de Vacacións Anuais será elaborado antes do 1º de abril de cada ano para a súa negociación cos representantes dos traballadores, de modo que cada traballador poida COÑECE-LAS  datas que lle corresponda, polo menos con DOUS (2) MESES de antelación a data do comenzo daquelas”.   Vimos a solicitar: COPIA do cadro de vacacións do persoal laboral e funcionario do Concello de A Guarda elaborado nos derradeiros CATRO (4) ANOS a fin de podelos analizar e facer comparativa co que se prepare cara o ano 2016”.


 Iso ¡tan perigoso! non nos foi facilitado polo concello, ¿Porqué será? Nós temos claro o motivo, e despois de manter conversas con membros do Comité de Empresa (que non o tén) si foi elaborado, xamais se cumpliu, xa que “sobre a marcha” se cambiaban as datas o mellor interés e según quen o solicitara. ¡E así nos vai!

 Temos que sinalar, que dita solicitude NON FOI CONTESTADA polo Sr. Alcalde e/ou Xunta de Goberno, dando lugar a que dende Converxencia Galega, o amparo do artigo 77 da Lei de Bases de Réxime Local e do 14.1 do Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro, que sinala que as solicitudes dos Concelleiros/as deben ser resoltas motivadamente nos CINCO (5) DIAS NATURAIS seguintes as que foi presentada, entendéndose aceptada por SILENCIO ADMINISTRATIVO cando no anterior plazo non se dictou resolución expresa derogatoria. Polo que a resposta o acceso é positiva.

  REITERAMOS: Acceso o a dita documentación, e o amparo da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/99, de 30 de xaneiro do 1999, da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, nos seus artigos 35, 36, 43 e 44 da súa Disposición Adiccional Primeira, da Lei 19/2013 do 9 de decembro, de Transparencia, Acceso a Información Pública e Bó Goberno, no seu artigo 22, así como solicito a información en papel impreso. 

SOLICITO: 
- Acceso inmediato o expediente, no senso contrario. 
- Certificación do Estado de Procedemento do expediente solicitado. 
- Se identifique a autoridade/funcionario baixo o cal se tramite o expediente.   

A Guarda, a 29 de Decembro do 2.015

Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega 


Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Secretario Acctal. 
Sra. Concelleira de Persoal
Concello de A Guarda   

Ningún comentario:

Publicar un comentario