12 de xan. de 2016

GALICIA

EDUCACIÓN

A Consellería de Cultura e Educación convoca 1.112 prazas nas oposicións deste ano nunha aposta pola estabilidade laboral do profesorado galego 

A mesa sectorial do ensino debateu hoxe a distribución de prazas en cada especialidade 

Ademais tratouse a Orde de convocatoria de concurso de traslados, que incorpora a última xurisprudencia ao respecto 

A Administración informou aos sindicatos da súa decisión de manter a xustificación das ausencias por indisposicións ou enfermidades leves non superiores a 3 días, sempre e cando se achegue a pertinente xustificación documental

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, presidiu a Mesa Sectorial Docente non Universitaria  
Fotor: Conchi Paz

Infogauda / Santiago de Compostela

 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria confirmou hoxe a súa aposta pola estabilidade laboral do profesorado galego ao presentar diante da mesa sectorial do ensino non universitario unha proposta de convocatoria de oposicións con 1.112 prazas, o 100% da taxa de reposición. Neste sentido cómpre lembrar que a Consellería solicitou ao Goberno central o incremento desta taxa, co fin de manter o grao de interinidade como o máis baixo do Estado.  A distribución de prazas por especialidade queda como segue:

Especialidade
Prazas A2-A1
Libre
Total
 
Profesores de ensino secundario
 
Lingua Castelá e Literatura
14
56
70
Xeografía e Historia
11
44
55
Matemáticas
15
60
75
Física y Química
8
32
40
Bioloxía e Xeoloxía
9
36
45
Inglés
9
36
45
Educación física
4
16
20
Orientación educativa
5
20
25
Formación e Orientación Laboral
10
40
50
Hostalaría e Turismo
3
10
13
Informática
4
16
20
Intervención sociocomunitaria
4
16
20
TOTAL
96
382
478
 
Profesores técnicos de FP
 
Cociña e pastelería
 
12
12
Instalacións electrotécnicas
 
24
24
Mantemento de vehículos
 
24
24
Mecanizado e mantemento de máquinas
 
17
17
Servizos á Comunidade
 
20
20
Sistemas e aplicacións informáticas
 
25
25
TOTAL
 
122
122
 
Mestres
 
Educación infantil
 
186
186
Lingua estranxeira: inglés
 
56
56
Lingua estranxeira: francés
 
30
30
Educación física
 
40
40
Música
 
36
36
Pedagoxía terapéutica
 
56
56
Audición e linguaxe
 
56
56
Educación Primaria
 
40
40
TOTAL
 
500
500
Inspectores de Educación
 
 
12
12
TOTAL
 
 
1.112


Concurso de traslados 
 A mesa sectorial tratou hoxe tamén a convocatoria de concurso de traslados no curso 2015/2016 entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da administración educativa e inspectores de educación.  

 O texto da convocatoria adáptase á última xurisprudencia ao respecto, é dicir, ás sentenzas referidas ao concurso de traslados convocado para o curso 2013/2014, que ratificaban a decisión da Consellería de contabilizar os méritos obtidos en situación de interinidade. Neste sentido, modifícase unicamente o subepígrafe 1.1.2, referido á puntuación por cada ano como persoal funcionario de carreira en situación de provisionalidade. O cambio precisamente refírese a que só se contabilizará esa provisionalidade – neste subepígrafe concreto, é dicir, para os que participen no concurso desde a situación de provisionalidade- ao persoal “funcionario de carreira” (con praza en propiedade) e non ao persoal “funcionario” (en xeral, incluíndo aos interinos), como se facía na de 2013. 

 En calquera caso, os servizos do persoal funcionario interino seguiranse contabilizando ao abeiro dos subepígrafes 1.1.1, 1.1.3, 1.2.1, 1.2.2 e 1.2.3, referidos á antigüidade no centro e no corpo, así como no apartado 4, relativo ao desempeño de cargos directivos e outras funcións.  

 Ademais, como situación excepcional, este ano convocarase un concurso autonómico aberto á entrada de persoal de outras Comunidades Autónomas, debido a que non o poideron facer no anterior concurso nacional, dadas as sentenzas arredor do devandito proceso do curso 2013/2014. 
Orde de permisos e licenzas 
 Na mesa sectorial de hoxe tratouse, finalmente, a orde para actualizar a regulación dos permisos, licenzas e vacacións do persoal docente, co fin de adaptala ao establecido na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Este punto continuará debaténdose a próxima semana, xa que hoxe non foi posible por mor de falta de tempo.  

 En calquera caso, a Administración educativa informou aos sindicatos da súa decisión de manter como xustificadas as ausencias por indisposicións ou enfermidades leves non superiores a tres días, sempre e cando se achegue a pertinente xustificación documental.

Ningún comentario:

Publicar un comentario