DEPORTES
O MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS HONRA A DAMIÁN ALONSO ALONSO
O tricampeón de Europa de Remo Ergómetro, recibiu unha homenaxe pública da Xunta Directiva, xogadoras e siareiros do equipo de balonmán feminino
José Manuel Silva Vicente - a dereita da imaxe -, presidente do Club Balonmán Mecalia Atlético Guardés, facéndolle entrega de un agasallo a Damián Alonso Alonso, en recoñecemento polo Campionato de Europa 2016 de Remo Ergómetro que o remeiro de A Guarda logrou a pasada semana en Gÿor (Hungría).
Fotos: Santiago Baz Lomba
A Xunta Directiva do Club Balonmán Mecalia Atlético Guardés, soubo ter á iniciativa de recoñecer públicamente á xesta deportiva do remeiro guardés, Damián Alonso Alonso (A Guarda, 1982) que o sábado día 16 deste mes proclamouse Campión de Europa 2016 de Remo Ergómetro, na categoría 30-39 anos. Por iso, logo dese importante evento deportivo internacional celebrado a pasada fin de semana en Gÿor (Hungría), na primeira oportunidade en que o equipo de balonmán feminino que milita na DHF xogou na vila de A Guarda, José Manuel Silva Vicente, presidente do Club Balonmán Mecalia Atlético Guardés, en nome de tódalas persoas (directivos, técnicos, xogadoras e siareiros), que forman parte da gran familia do balonmán guardesista, fíxolle entrega a Damián Alonso Alonso, de un agasallo co que lle testemuñan o seu recoñecemento por ese novo logro deportivo.
Con ese flamante Campionato, Damián Alonso Alonso conta no seu palmarés con outros dous Campionatos de Europa, logrados no 2013 en Copenhaguen (Dinamarca), e no 2014, en Essen (Alemania).
O vindeiro reto de Damián Alonso Alonso é poder acudir a finais do vindeiro mes de febreiro o Campionato de Mundo 2016 de Remo Ergómetro, motivo polo cal está aberta unha campaña de microfinanciación para tentar facer posíbel á participación do remeiro guardés na cidade estadounidense. Compre relembrar que de cara a esa cita, Damián Alonso conta no seu haber con dous bronces, acadados en 2013 e 2014, e unha prata lograda en 2015.
Damián Alonso Alonso despregou, unha vez máis, unha pancarta reivindicando un Pavillón Municipal no municipio de A Guarda.
No sinxelo e oportuno acto de onte, no obsoleto pavillón municipal de A Sangriña, Damián Alonso Alonso voltou a visibilizar - tanto o nivel persoal como xunto ás xogadoras do equipo da DHF do Mecalia Atlético Guardés -, á reivindicación cidadá que demanda un novo pavillón polideportivo municipal en A Guarda.
As xogadoras do equipo do Mecalia Atlético Guardés que milita na DHF. de Balonmán Feminino, apoian xunto a Damián Alonso Alonso, a reivindicación de un novo pavillón municipal para A Guarda.
E foi precisamente onte, cando ademáis dos precedentes de incidencias xa coñecidas dabondo por todos, fíxose patente unha vez máis, que o actual pavillón non reúne ás condicions esixibles que deben ter ese tipo de instalacions. E se días antes, circulaba polas redes sociais, á imaxe de un caldeiro, na pista do pavillón de A Sangriña, onte foi un apagón no servizo eléctrico, o que puxo negro sobre blanco, cal é a lamentable situación desas instalacions municipais.



Ningún comentario:
Publicar un comentario