24 de set. de 2015

CULTURA

FRANCISCO ÁLVAREZ - KOKI PARTICIPARÁ NO "THE AMERICAS POETRY FESTIVAL OF NEW YORK, 2015"

Nese evento multilingual que terá lugar nos días 14, 15 e 16 de outubro, participarán 60 destacados de 21 países, representando 8 linguas


              Francisco Álvarez Álvarez (Koki)
Foto: Aguinaldo Fructuoso

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda


 O poeta Francisco Álvarez Álvarez (Koki) está incluido no programa de un importantísimo evento cultural - The Americas Poetry Festival of New York -, que terá lugar na cidade de New York os días 14, 15 e 16 de outubro.

 No The Americas Poetry Festival of New York participarán 60 poetas destacados, de 21 países, representando 8 linguas diferentes. Haberá conferencias e recitais poéticos en diferentes lugares da metrópole norteamericana.

 Nesta edición, o festival poético tributará unha homenaxe póstuma o poeta colombiano William Beltrán (1973 -2011).

 Ese destacado evento conta, entre outros, cos seguintes apoios:  Division of Interdisciplinary Studies at the Center for Worker Education, do The City College of New York; Instituto Cervantes, de New York; Long Island Latino Arts Council; Americas Society; Consulado General y Centro de Promoción de Argentina en New York, etc.

 Os poetas convidados para o The Americas Poetry Festival of New York 2015, son os seguintes:

- Isabel Espinal -USA/Dominican Republic
- Maryam Alikhani -Iran/USA
- Juliet P. Howard -USA
- Luis Reynaldo Pérez -Dominican Republic
- Yolanda Hernández -Dominican Republic
- José Miguel de la Rosa -Dominican Republic
- Ralph Nazareth -India
- Seamus Scanlon -Ireland
- Rolando Pérez -Cuba
- Silvia Ma. Siller Argüello -Mexico
- Tomás Modesto Galán -Dominican Republic
- Sophie Maríñez -France/Dominican R./USA
- Rossalinna Benjamin -Dominican Republic
- Roberto Fernández-Iglesias -Mexico/Panama
- Patricia Ariza -Colombia
- Norma Feliz Peralta -Dominican Republic
- Tonia Leon -USA- Nancy Mercado –USA/Puerto Rico
– Monica Carrillo Zegarra -Peru
- Miriam Mejía –Dominican Republic
– Miguel Falquez-Certain -Colombia/USA
- Michelle Yasmine Valladares  –India/Kuwait/USA
– Michele Karas -USA- Maureen H. Altman -USA/Peru
- Matías Escalera Cordero -Spain
- Marta López-Luaces -Spain
- Marina Oroza -Spain
- Marianela Medrano -Dominican Republic
- Margarita Drago -Argentina
- Luis Luna -Spain
- Linda Morales Caballero -Peru
- Lilia Gutiérrez Riveros -Colombia
- Lena Retamoso -Peru
- Jorge Paolantonio -Argentina
- Francisco Álvarez Koki -Spain
- Edgar Smith -Dominican Republic- Daniel Baruc -Dominican Republic
- Carlos Satizábal -Colombia
- Julio Marzán -Puerto Rico
- Juana Ramos –El Salvador– Denise León 
-Argentina- Daniel Shapiro -USA
- Carolina Zamudio -Argentina
- Carlos Velásquez -Colombia
- Augusta Eunice Castillo –Dominican Republic
– Ana Luisa Martínez –Dominican Republic
– Alex Lima -Ecuador
- Mónica González Velázquez –Mexico
– Mercedes Roffe -Argentina
- Juan Armando Rojas Joo -Mexico
- Tina Escaja -Spain
- Jaime Manrique -Colombia/USA
- Gabriel Chávez Casazola -Bolivia
- Siomara España -Ecuador
- Michael Broder -USA
- María Negroni -Argentina
- Ahmad Al-Shahawy -Egypt
- Gustavo Tisocco -Argentina
- Paulo Ferraz –Brazil– Jana Putrle Srdić -Slovenia
- Etnairis Ribera -Puerto Rico-

GONDOMAR

Inaugúrase “Auga e lume”, de Alberto Casuso na Aula de Cultura Ponte de Rosas

Será este venres 25 de setembro ás 20:30 horas

O artista Alberto Casuso xunto a unha das súas obras

Álvaro Peralta / Gondomar

 Este venres 25 de setembro ás 20:30 horas terá lugar a inauguración de "Auga e lume", do plástico Alberto Casuso. A mostra será presentada polo artista Ramón Trigo na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Avenida da Feira nº 10, baixo, Gondomar.

 A exposición permanecerá aberta ao público de luns a venres de 19 a 21 horas até o 20 de novembro. Trala presentación compartirase unha copa de viño e unhas roscas co autor da obra, xentileza da Adega Terras Gauda e a Panadería Copena de Gondomar.

Alberto Casuso 

 Estudou  Historia da Arte en Santiago para logo radicarse temporalmente en Madrid onde  se especializa  no mundo da restauración de mobles e obxectos de arte.

 Traballou na dirección de produción nunha empresa dedicada ao desenvolvemento de mobiliario integral para espazos industriais, tanto públicos como privados. 

 Posteriormente perfeccionouse  na rehabilitación de cubertas e artesoados de madeira en edificios de patrimonio nacional e montou unha carpintería como apoio a eses labores.

 “A crise é a crise, e deume a oportunidade de comezar a crear outro tipo de arte que sen crise nunca habería ter tempo de realizar e ata hoxe” sinala o artista.

A GUARDA

DOMINGO 27 DE SEPTIEMBRE, ÚLTIMA SALIDA DE CICLOTURISMO DE LA TEMPORADA

En octubre, comenzamos la temporada en bicicleta de montaña


Manuel Flores / A Guarda

 El cartel adjunto corresponde al recorrido para el próximo domingo 27 de septiembre. Con esta ruta, terminamos la temporada en bicicleta de carretera.    

 En octubre, comenzamos la temporada en bicicleta de montaña y serán hasta el ultimo domingo de enero del 2016. 

 Las salidas son a las 9:00 h desde la Alameda. El primer domingo de febrero será cuando volvamos a carretera.

VALENÇA

Eurocidade reúne tenistas portugueses e espanhóis

Infogauda / Valença

 A Eurocidade Valença Tui recebe o IIº Torneio de Ténis da Eurocidade, com a participação de 170 tenistas, portugueses e espanhóis, entre 25 de setembro e 11 de outubro.

 As competições vão decorrer nos courts de ténis da Piscina de Valença e nos de Areas em Tui, no fim de tarde destas duas semanas com predominância dos sábados e domingos em que as provas decorrerão todo o dia.

 O ato de abertura está programado para o próximo sábado à tarde, nos courts de Piscina de Valença. Um ato que será enriquecido com um torneio de infantis divulgador da modalidade na comunidade.

 A final do torneio está marcada para domingo 11 de outubro, nos courts de de Valença.

 A organização é da Eurocidade Valença Tui e do Club de Tenis de Tui.

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA DESTAPA IMPORTANTES DEUDAS EN LA GESTIÓN DE LA CAFETERÍA DE LA ESTACIÓN MARÍTIMA


Vista do inmoble denominado "Estación Marítima", na Praza da República, na Pasaxe (Camposancos)
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Celso R. Fariñas, Concelleiro de Converxencia Galega ,presentou no Concello de A Guarda, en data 24.09.2015 (Rexistro de Entrada nº 6300), á seguinte comunicación:

É HORA DE RENDIR CONTAS SOBRE A ESTACIÓN MARÍTIMA

 Dende o ano 2012 (R.E. nº 3423 de 01 de xuño) en que solicitamos copia das débedas da “CAFETERÍA DA ESTACIÓN MARÍTIMA CO CONCELLO EN CONCEPTO DE ELECTRICIDADE, TAXAS E PREZOS PUBLICOS”, pouco ou nada temos avazado, e iso sen contar as veces que o facer preguntas reclamando de xeito oral sobre a documentación, recibimos como resposta que o responsable estaba de vacacións ou que non recibian órdenes de poder entregar a documentación por parte da Alcaldía, o que provocou que nese ano, dende abril ata despois do vran, se nos “castigara” sen entregarnos ningunha documentación.

 Nese mesmo ano 2012 (R.E. nº 4724 de 20 de xullo), e a situación foi a mesma, silencio absoluto, e por outra banda, non levar a cabo os trámites necesarios para recuperar a débeda.

 No ano 2013, xa tivemos “noticias” pois mentres o Equipo de Goberno do PSOE mantiña silenzo, “atopamos un documento oficial” estaba como desperdigado, ou cando menos, co REXISTRO DE SAIDA nº 1500 de 15 de maio polo cal se recoñece por parte do Concello unha DÉBEDA DE TRINTEÚN MIL OITENTA (31.080,00 €) EUROS por concepto de ALUGUER.

 E ese ano 2013, truxo novas revelacións, aparecendo novos datos, e por medio dún INFORME DE INTERVENCIÓN do 21 de MAIO  no que se reflexan os impagos das facturas de CONSUMO ELÉCTRICO por ONCE MIL (11.000,00€) euros.

 Volvemos a solicitalo (Rexistro de Entrada nº 2848 de 30 de maio/2013) e ainda hoxe estamos esperando que contesten, silencio absoluto pero xa estamos en máis de 50.000,00€,

 Este foi un ano moi productivo, pois o Goberno Municipal do PSOE remata recoñecendo que existe débeda dende o ano 2.007, ¡¡E eles tan tranquilos e tomando o café a diario nesas instanlacións, sin importarlles para nada o diñeiro público!! ¡¡E logo presumen de ser uns fenómenos na defensa dos cartos dos veciños/as!! ¡¡Será no diñeiro que recargan a quenes se atrasan no pago do lixo, auga ou alcantarillado, que pode ser de cantidades pequenas, pero cando se trata de cifras altas…, silencio e paralización completa!!

¿¿Cal é o custo dos arranxos que tivo que facer o concello?? ¿¿O material municipal ainda está nas dependencias?? ¿¿Serían os/as guardeses/as os “paganinis” de repoñer os falsos teitos os zócalos de madeira, instalacións eléctricas ou baixantes de auga, e outras cousas máis que hubo que repoñer?? ¿¿Quen se levou a instalación de cobre do butano?? Isto, o preguntamos por medio do (Rexistro de Entrada nº 5650 de 17 de Octubro/2013) a resposta, foi como sempre, silencio absoluto, xa que os datos se conseguiron no medio de Informes de Intervención e nalgunha frase aillada que se escapou nalgúns Plenos.

 Chega o ano 2014, se informa que se vái proceder a abrir un expediente para recupera-la débeda, despois que dende  Converxencia Galega se viñera insistindo por medio de diversos escritos, de xeito oral nalgúns Plenos e Comisións de Contas, etc., por elo presentamos unha solicitude de acceso o Expediente que ¿¿se había incoado?? (Rexistro de entrada nº 1933 de 11 de abril/2014) do que ainda hoxe non sabemos nada.

 Escomenza a nova Lexislatura, e voltamos a solicitar o Estado de Procedemento por medio de (Rexistro de Entrada nº 5449 de 17 de agosto/2015), escrito que non obtivo desposta, polo que reiteramo-la solicitude (Rexistro de Entrada nº 5960 do 09 de setembro/2015), no que deixamos moi claro que se estaba incumplindo a lexislación, en primer lugar o artigo 77 da Lei de Bases de Réxime Local que sinala que “(…) as solicitudes dos Concelleiros/as debe ser resolta motivadamente nos CINCO (5) DÍAS NATURAIS seguintes as que foi presentada, enendéndose como aceptada por SILENZO ADMINISTRATIVO cando no anterior plazo non se dictou resolución expresa derogatoria…)

 Despois de intentar conseguir algunha referencia ou dato no Departamento de Facenda, e non conseguindo ningunha información nin en Interveción nin na Tesoreiría, pasamos a revisar algunhas Actas de Pleno, e na da Sesión Ordinaria do 27.09.2013,  no apartado de Rogos e Preguntas, na múmero 9,  (páxina 57) a nosa Concelleira Beatriz Estévez Alvarez, [preguntou:] ¿Se ha cobrado la deuda que dejó la titular de la concesión da la cafetería de la Estación Marítima, si no la abonó, ¿Cómo están los trámites para cobrarla?

 RESPOSTA: Non se cobrou. Esta débeda notificouse no trámite de voluntaria, e como non foi aboada, no mes de octubro deste ano se procedeu a notificar a providencia de apremio. Esta última notificación non foi posible realizala e se procederá o 5 de decembro a súa publicación no B.O.P. Unha vez publicada, a destinataria ten 15 días para aboar a débeda, e de non facelo nese plazo, se iniciará o procedemento de embargo”.

 Diante deste dato, rastreamos a información e así, atopamos que no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 234 do día 5 de decembro do 2013, (páxinas 127/128) aparecen os RECIBOS nº 130007580, 120011363 e 130148299 “Citación de comparecencia a contribuintes, no que, entre outras cousas se dí: “(…)tramitándose PROVIDENCIA DE CONTRINXIMENTO  en relación as débedas relacionadas o final … a comparecencia producirase no prao de 15 días naturais  que contará dende o día seguinte o da publicación  do anuncio no B.O.P. , de non comparecer, …entenderase como producida a tódolos efectos legais (…)”.

 Diante do exposto, xa queda claro, que “nalgún lugar”, existe un (ou varios) EXPEDIENTES, dos que reiteramos que solicitamos o acceso a el/es de maneira inmediata, xa que os prazos de tódala tramitación están máis que vencidos, e así mesmo, sinalamos:

 Polo exposto, o amparo do artigo 35, da Lei 30/1992 , modificada pola Lei 4/99 de 30.01.1999 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, veño:

SOLICITAR: 

Certificación do Estado de Procedemento.
Se identifique a autoridade/funcionario/a baixo a cal se tramita o expediente.

A Guarda, a 24 de setembro do 2.015


Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega



Sr. Alcalde-Presidente
Sra. Concelleira de Facenda            
Sra. Interventoria        
Sra. Tesoreira
 Concello de A Guarda

A GUARDA

O CICLO “DIÁLOGOS EN EDUCACIÓN” PROMOVIDO POLO CONCELLO DE A GUARDA NOS MESES DE XULLO, AGOSTO E SETEMBRO TIVO MOI BOA ACOLLIDA 

Na imaxe, ponente e participantes nunha das tertulias do ciclo "Diálogos en Educación", que neste caso, tivo lugar na Casa dos Alonso

Infogauda / A Guarda
 O ciclo de tertulias “Diálogos en Educación” promovido polo Concello de A Guarda, que se celebrou durante os meses de xullo, agosto e setembro, maioritariamente no recinto exterior do Colexio dos Xesuítas da Pasaxe (Camposancos), tivo moi boa acollida, tanto por parte dos profesores e profesoras universitarios que acudiron convidados para abordar diferentes temas dos que son especialistas, coma polas decenas de persoas que se interesaron e asistiron regularmente os coloquios.

 “Diálogos en Educación” é unha actividade de carácter divulgativo para a que se escolleu un formato pouco convencional como é a tertulia aberta, pero máis participativa e dinámica que a que ofrece unha conferencia maxistral nun local pechado. 

 Nas tertulias participaron unha serie de profesores das tres Universidades galegas, cada un deles convidado a participar partindo dun tema concreto. Comezou Concepción Sánchez Blanco, Doutora en Filosofía e Ciencias da Educación e profesora da Universidade da Coruña o día 2 de xullo, abordando o tema “Infancias nómadas. Educando no dereito á mobilidade”; a semana seguinte, 8 de xullo, Alfredo Campos, tamén Doutor en Filosofía e Ciencias de Educación e catedrático da Universidade de Santiago tratou o tema “A importancia da memoria e as estratexias de aprendizaxe no ensino” contribuíndo a rachar con estereotipos e prexuízos respecto do uso da memoria no contexto educativo. Jurjo Torres Santomé, catedrático de Didáctica na Universidade da Coruña, ademais de Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación achegouse o día 23 de xullo. Torres Santomé, presentou o tema “De formar crentes a formar cidadáns: unha mirada crítica desde a Pedagoxía”, charla na que expuxo como, ao longo da historia, as políticas educativas serviron para construír modelos sociais ao servizo dos intereses de grupos concretos. 

 Pola súa banda Xosé Manuel Cid, profesor do Departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa na Facultade de Ciencias de Educación da Universidade de Vigo, presentou o debate “Mestras e mestres republicanos: o compromiso coa modernidade educativa” o día 30 de xullo, no que se referiu ao xeito de facer escola daqueles profesores espallados polo rural galego durante o breve tempo da II República. O 20 de agosto, Antón Costa Rico, Catedrático de Teoría e Historia da Educación da USC falou das “Luces e sombras na política educativa galega desde a Transición Democrática”. Costa motivou un interesante debate arredor dos acertos e os erros na construción dun modelo educativo axeitado ás peculiaridades galegas a partir da etapa autonómica. 

 O seguinte participante en asistir a “Diálogos en Educación” foi Miguel Anxo Santos Rego. Este Doutor en Filosofía e Ciencias de Educación e Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, quen presentou ante o público o tema “Os Concellos e a Educación. Problema ou oportunidade?”, no que, entre outros aspectos, analizou a situación actual dos concellos e as súas oportunidades de intervención educativa no ámbito extraescolar. Araceli Serantes Pazos, Doutora en Psicopedagoxía e profesora da UDC foi quen falou sobor do tema: “A conciencia ambiental: unha necesidade social e un reto educativo”. A Doutora expuxo a necesidade de artellar compromisos educativos coa sensibilidade ambiental e as oportunidades que brinda o espazo escolar como un contexto onde crear conciencia entre os máis cativos. Por último Pedro Caselles Beltrán, mestre e licenciado en Filosofía e Letras, foi o encargado de pechar esta iniciativa o día 10 de setembro co tema “Política e Educación. Camiño de volta dun técnico de Estado na Transición Democrática”. Coa súa visión persoal, Caselles, relatou algúns aspectos das política educativa desde a súa experiencia como técnico, e tamén contou anécdotas desde a súa ampla experiencia en diversos postos de responsabilidade na administración educativa estatal durante a Transición. 

 En todos estes coloquios, ademais das decenas de interesados por estes temas, estivo presente o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, quen de profesión é mestre. Lomba afirmou que este foi un proxecto “arriscado e ambicioso pero a vez ilusionante”. O alcalde guardés recoñeceu que durante o verán foi moita a xente que felicitou ó Concello por esta iniciativa. “O resultado foi moi bo, incluso mellor do que esperabamos, tanto pola asistencia como polo gran de participación nos coloquios”, dixo Lomba. 

 Antonio Lomba non dubidou en agradecer a Xosé Manuel Malheiro a proposta e a súa participación no proxecto. 

 Pola súa banda, Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez, Mestre e Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación e profesor na Facultade de Ciencias da Educación da UDC e impulsor desta actividade, comentounos que, pese a ser unha proposta arriscada polo calendario, pola continuidade das sesións durante todo o verán, polo propio horario e polo contexto escollido para a súa realización, está “satisfeito” pola acollida das tertulias. Xosé M. Malheiro explica que "(...) o grao de participación foi alto ao superar a cifra de 30 persoas por sesión, chegando nalgunha ocasión a congregar un grupo de máis de 50.

 Satisfeito tamén pola propia heteroxeneidade dos participantes, cumprindo así un dos obxectivos como era involucrar a toda a cidadanía na problemática educativa, máis alá do profesorado ofertando un abano de temas variado, suxestivo e accesible (...)".

 Por último, amosouse "contento por poder organizar unha actividade dunha extraordinaria calidade intelectual sen que iso implicara empregar grandes recursos materiais". Malheiro quixo "(...) dar as grazas tanto aos responsables do Concello de A Guarda por abeirar institucionalmente esta idea, coma aos profesores e profesoras participantes por compartir xenerosamente o seu tempo vacacional de descanso e lecer, aos técnicos municipais polo traballo organizativo e colaborativo para que, entre todos, a actividade puidera ser levada a cabo con tanto éxito".

A GUARDA

V MERCADINHO SUSTENTÁVEL

Venda e troco de cousas usadas

Sábado 3 de outubro, na Praça de San Bieito



A GUARDA

A GUARDA FESTEXA O DÍA MUNDIAL DO TURISMO CON VISITAS AO CASTRO DE SANTA TREGA E VIAXES GRATUÍTAS NO FERRY

Nesta iniciativa ofértanse visitas guiadas gratuítas aos castros do Monte Santa Trega tanto o sábado, día 26 de setembro, coma o domingo, día 27. 


Ademais, o propio domingo as viaxes de ferry tanto de A Guarda á vila portuguesa de Caminha e viceversa, serán totalmente gratuítas.



Unha das vivendas castrexas reconstruídas no Monte Santa Trega
Fotos: Infogauda


Infogauda / A Guarda


 O Concello de A Guarda e o Padroado Municipal do Monte Santa Trega celebran esta fin de semana o Día Mundial do Turismo.

 Nesta iniciativa ofértanse visitas guiadas gratuítas aos castros do Monte Santa Trega tanto o sábado, día 26 de setembro, coma o domingo, día 27. Os horarios marcados para ambos días son, pola mañá ás 12 e as 13 horas e pola tarde ás 17, 18 e 19 horas.


Vista parcial do megapoboado castrexo do xacemento arqueolóxico do Monte Santa Trega, no termo municipal de A Guarda (Pontevedra)

 Todas estas visitas durarán 40 minutos e o punto de encontro é o propio Castro.

 Os grupos de máis de dez persoas deberán facer reserva previa para as visitas no número de teléfono 986 61 05 04.

 Ademais, o propio domingo as viaxes de ferry tanto de A Guarda á vila portuguesa de Caminha e viceversa, serán totalmente gratuítas.


O domingo día 27 de setembro, o ferry boat "Santa Rita de Cássia", transportará gratuitamente viaxeiros e vehículos, desde A Guarda á Caminha, e viceversa. 

 A primeira viaxe que fai o ferry dende A Guarda a Caminha tanto o sábado coma o domingo será as 11,30 horas e a última ás 20,15 horas. Ó revés, dende Portugal a primeira viaxe é as 11 horas e a última ás 20 horas.

 Con este tipo de iniciativas o Concello de A Guarda quere conmemorar esta data e invitar a turistas, visitantes e tamén ós veciños da localidade a coñecer e gozar do poboado castrexo do Monte Santa Trega e dos innumerables atractivos que posúe o municipio de A Guarda.

A GUARDA

TRIBUNA ABERTA

Recheio sinalético do futuro Centro Interpretativo do Castelo de Santa Cruz  

 Um dos accesos á Fortaleza de Santa Cruz
Foto: Infogauda

 Nom  será  por  acaso  que  os  excelentes  trabalhos  de Rebeca  Blanco  Rotea, Martínez Garrido e outros autores, sobre a FORTRANS, terám eventual presença gráfica e visual na sinalética, nos textos expositivos  ou em painéis vários, de comúm aplicaçom a este tipo de espaços culturais. Nom admirará  que, com efeito, a sua pegada investigadora fique reflectida na Fortaleza de Sta. Cruz, no intuito de serem interpretadas as estruturas bastionadas desta fronteira minhota. É obvio que sim e ninguém poderia recusar  isso. 

 Ora bem, era bom internacionalizar ainda mais a quiçais torta gestom e interpretaçom deste enclave guardense, tendo em conta a programaçom passada, presente e futura que tivo e vai ter como palcos as vilas de Valença do Minho e Vila Nova de Cerveira. A celebraçom do 30 Aniversário  do Aro arqueológico de Lovelhe envolve interessantes palestras onde vai ficar patenteada a “interface” e a transversalidade da própria açom patrimonial e a ligaçom de  todas as suas manifestaçons. 

 Concelho da Guarda será previsivelmente monitorizado e assistido por figuras de vulto, profissionalizadas, que tirem do isolamento um modelo de gestom que mostrará, aos poucos e poucos, o seu carácter limitado e, ademais, auto-limitativo, caso nom se abra de verdade aos eventos que tenhem voz e lugar um pouco por todo o lado no Minho portugués  e  fora  dele. Association Vauban fará questom de estar presente em Valença do  Minho para o ano que vém. Isto supom umha reviravolta e um factor absolutamente aliciante para pessoas e entidades que andam literalmente a cochilar nos pretensos louros dumha gestom patrimonial que, simplesmente, nom existe ou está profundamente deturpada por motivos políticos epidérmicos que nom aprofundam na isençom e na especializaçom.  

 O possibilismo e o pingo a pingo, em marcos urbanos alterados e  brutalizados, como o do Castelo de Sta. Cruz, trarám incertezas, bem como um “bater sempre na mesma tecla” o a desculpa esfarrapada habitual. Face a isso, abram os olhos às últimas correntes, estabeleçam ligaçons com tudo o que tem de melhor o corpo investigador actual, entalhem figuras e volumes culturais associados ao Pai Minho, extendam a man àqueles que criticam na positiva e, por  favor, nom fagam do nosso Castelo um reles argumento localista onde se concentrem todas as suspeitas de mil e um arranjinhos.  

SAN SALVADOR DE TEBRA (TOMIÑO)

FESTAS DA VIRXE DO LIBRAMENTO, OS DÍAS 25,26 E 27 DE SETEMBRO



José Ángel Carrera Alves / San Salvador de Barrantes

PROGRAMA DE FESTAS 

Venres,25
Gran verbena coa orquestra Gran Parada e o Grupo Claxon. 

Sábado,26 
Pasarrúas a cárrego da Charanda Vai de Baile.
Pola noite gran verbena coas orquestras Jerusalen e Filadelfia. 

Domingo, 27
Pola mañá, pasarrúas a cárrego da Banda de Gaitas de San Vicente de Barrantes.
AS 12:30 misa solemne e procesión.
Pola noite, gran verbena coas orquestras París de Noia e o Grupo Alkar.