A GUARDA FESTEXA O DÍA
MUNDIAL DO TURISMO CON VISITAS AO CASTRO DE SANTA TREGA E VIAXES GRATUÍTAS NO
FERRY
Nesta iniciativa ofértanse visitas guiadas gratuítas aos castros do Monte Santa Trega tanto o sábado, día 26 de setembro, coma o domingo, día 27.
Ademais, o propio domingo as viaxes de ferry tanto de A Guarda á vila portuguesa de Caminha e viceversa, serán totalmente gratuítas.
Infogauda / A Guarda

Unha das vivendas castrexas reconstruídas no Monte Santa Trega
Fotos: Infogauda
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda e o Padroado Municipal do Monte
Santa Trega celebran esta fin de semana o Día Mundial do Turismo.
Nesta iniciativa ofértanse visitas guiadas gratuítas aos
castros do Monte Santa Trega tanto o sábado, día 26 de setembro, coma o
domingo, día 27. Os horarios marcados para ambos días son, pola mañá ás 12 e as
13 horas e pola tarde ás 17, 18 e 19 horas.
Vista parcial do megapoboado castrexo do xacemento arqueolóxico do Monte Santa Trega, no termo municipal de A Guarda (Pontevedra)
Todas estas visitas durarán 40 minutos e o punto de
encontro é o propio Castro.
Os grupos de máis de dez persoas deberán facer reserva
previa para as visitas no número de teléfono 986 61 05 04.
Ademais, o propio domingo as viaxes de ferry tanto de A Guarda á vila portuguesa de Caminha e viceversa, serán totalmente gratuítas.
A primeira viaxe que fai o ferry dende A Guarda a Caminha
tanto o sábado coma o domingo será as 11,30 horas e a última ás 20,15 horas. Ó
revés, dende Portugal a primeira viaxe é as 11 horas e a última ás 20 horas.
Con este tipo de iniciativas o Concello de A Guarda quere conmemorar
esta data e invitar a turistas, visitantes e tamén ós veciños da
localidade a coñecer e gozar do poboado castrexo do Monte Santa Trega e dos innumerables atractivos que posúe o municipio de A Guarda.

Ningún comentario:
Publicar un comentario