24 de set. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA DESTAPA IMPORTANTES DEUDAS EN LA GESTIÓN DE LA CAFETERÍA DE LA ESTACIÓN MARÍTIMA


Vista do inmoble denominado "Estación Marítima", na Praza da República, na Pasaxe (Camposancos)
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Celso R. Fariñas, Concelleiro de Converxencia Galega ,presentou no Concello de A Guarda, en data 24.09.2015 (Rexistro de Entrada nº 6300), á seguinte comunicación:

É HORA DE RENDIR CONTAS SOBRE A ESTACIÓN MARÍTIMA

 Dende o ano 2012 (R.E. nº 3423 de 01 de xuño) en que solicitamos copia das débedas da “CAFETERÍA DA ESTACIÓN MARÍTIMA CO CONCELLO EN CONCEPTO DE ELECTRICIDADE, TAXAS E PREZOS PUBLICOS”, pouco ou nada temos avazado, e iso sen contar as veces que o facer preguntas reclamando de xeito oral sobre a documentación, recibimos como resposta que o responsable estaba de vacacións ou que non recibian órdenes de poder entregar a documentación por parte da Alcaldía, o que provocou que nese ano, dende abril ata despois do vran, se nos “castigara” sen entregarnos ningunha documentación.

 Nese mesmo ano 2012 (R.E. nº 4724 de 20 de xullo), e a situación foi a mesma, silencio absoluto, e por outra banda, non levar a cabo os trámites necesarios para recuperar a débeda.

 No ano 2013, xa tivemos “noticias” pois mentres o Equipo de Goberno do PSOE mantiña silenzo, “atopamos un documento oficial” estaba como desperdigado, ou cando menos, co REXISTRO DE SAIDA nº 1500 de 15 de maio polo cal se recoñece por parte do Concello unha DÉBEDA DE TRINTEÚN MIL OITENTA (31.080,00 €) EUROS por concepto de ALUGUER.

 E ese ano 2013, truxo novas revelacións, aparecendo novos datos, e por medio dún INFORME DE INTERVENCIÓN do 21 de MAIO  no que se reflexan os impagos das facturas de CONSUMO ELÉCTRICO por ONCE MIL (11.000,00€) euros.

 Volvemos a solicitalo (Rexistro de Entrada nº 2848 de 30 de maio/2013) e ainda hoxe estamos esperando que contesten, silencio absoluto pero xa estamos en máis de 50.000,00€,

 Este foi un ano moi productivo, pois o Goberno Municipal do PSOE remata recoñecendo que existe débeda dende o ano 2.007, ¡¡E eles tan tranquilos e tomando o café a diario nesas instanlacións, sin importarlles para nada o diñeiro público!! ¡¡E logo presumen de ser uns fenómenos na defensa dos cartos dos veciños/as!! ¡¡Será no diñeiro que recargan a quenes se atrasan no pago do lixo, auga ou alcantarillado, que pode ser de cantidades pequenas, pero cando se trata de cifras altas…, silencio e paralización completa!!

¿¿Cal é o custo dos arranxos que tivo que facer o concello?? ¿¿O material municipal ainda está nas dependencias?? ¿¿Serían os/as guardeses/as os “paganinis” de repoñer os falsos teitos os zócalos de madeira, instalacións eléctricas ou baixantes de auga, e outras cousas máis que hubo que repoñer?? ¿¿Quen se levou a instalación de cobre do butano?? Isto, o preguntamos por medio do (Rexistro de Entrada nº 5650 de 17 de Octubro/2013) a resposta, foi como sempre, silencio absoluto, xa que os datos se conseguiron no medio de Informes de Intervención e nalgunha frase aillada que se escapou nalgúns Plenos.

 Chega o ano 2014, se informa que se vái proceder a abrir un expediente para recupera-la débeda, despois que dende  Converxencia Galega se viñera insistindo por medio de diversos escritos, de xeito oral nalgúns Plenos e Comisións de Contas, etc., por elo presentamos unha solicitude de acceso o Expediente que ¿¿se había incoado?? (Rexistro de entrada nº 1933 de 11 de abril/2014) do que ainda hoxe non sabemos nada.

 Escomenza a nova Lexislatura, e voltamos a solicitar o Estado de Procedemento por medio de (Rexistro de Entrada nº 5449 de 17 de agosto/2015), escrito que non obtivo desposta, polo que reiteramo-la solicitude (Rexistro de Entrada nº 5960 do 09 de setembro/2015), no que deixamos moi claro que se estaba incumplindo a lexislación, en primer lugar o artigo 77 da Lei de Bases de Réxime Local que sinala que “(…) as solicitudes dos Concelleiros/as debe ser resolta motivadamente nos CINCO (5) DÍAS NATURAIS seguintes as que foi presentada, enendéndose como aceptada por SILENZO ADMINISTRATIVO cando no anterior plazo non se dictou resolución expresa derogatoria…)

 Despois de intentar conseguir algunha referencia ou dato no Departamento de Facenda, e non conseguindo ningunha información nin en Interveción nin na Tesoreiría, pasamos a revisar algunhas Actas de Pleno, e na da Sesión Ordinaria do 27.09.2013,  no apartado de Rogos e Preguntas, na múmero 9,  (páxina 57) a nosa Concelleira Beatriz Estévez Alvarez, [preguntou:] ¿Se ha cobrado la deuda que dejó la titular de la concesión da la cafetería de la Estación Marítima, si no la abonó, ¿Cómo están los trámites para cobrarla?

 RESPOSTA: Non se cobrou. Esta débeda notificouse no trámite de voluntaria, e como non foi aboada, no mes de octubro deste ano se procedeu a notificar a providencia de apremio. Esta última notificación non foi posible realizala e se procederá o 5 de decembro a súa publicación no B.O.P. Unha vez publicada, a destinataria ten 15 días para aboar a débeda, e de non facelo nese plazo, se iniciará o procedemento de embargo”.

 Diante deste dato, rastreamos a información e así, atopamos que no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 234 do día 5 de decembro do 2013, (páxinas 127/128) aparecen os RECIBOS nº 130007580, 120011363 e 130148299 “Citación de comparecencia a contribuintes, no que, entre outras cousas se dí: “(…)tramitándose PROVIDENCIA DE CONTRINXIMENTO  en relación as débedas relacionadas o final … a comparecencia producirase no prao de 15 días naturais  que contará dende o día seguinte o da publicación  do anuncio no B.O.P. , de non comparecer, …entenderase como producida a tódolos efectos legais (…)”.

 Diante do exposto, xa queda claro, que “nalgún lugar”, existe un (ou varios) EXPEDIENTES, dos que reiteramos que solicitamos o acceso a el/es de maneira inmediata, xa que os prazos de tódala tramitación están máis que vencidos, e así mesmo, sinalamos:

 Polo exposto, o amparo do artigo 35, da Lei 30/1992 , modificada pola Lei 4/99 de 30.01.1999 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, veño:

SOLICITAR: 

Certificación do Estado de Procedemento.
Se identifique a autoridade/funcionario/a baixo a cal se tramita o expediente.

A Guarda, a 24 de setembro do 2.015


Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega



Sr. Alcalde-Presidente
Sra. Concelleira de Facenda            
Sra. Interventoria        
Sra. Tesoreira
 Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario